Sada abre o Pazo de Meirás o 1 de xullo

26 / XUN / 2021

Sada abre o Pazo de Meirás o 1 de xullo

As visitas guiadas gratuitas, dunha hora e media de duración e 20 persoas como máximo, serán de martes a domingo previa reserva

 O vindeiro xoves 1 de xullo abriranse as portas do Pazo de Meirás para que a cidadanía poda pasear polos xardíns nunha visita guiada de aproximadamente hora e media de duración.

Os primeiros 3 días as visitas están preparadas para ás colectivos e entidades galegas de memoria histórica coa colaboración da Asociación Irmáns Suárez Picallo. A partir do día 4 o público en xeral poderá visitar os xardíns previa reserva.

O horario provisional para o verán é de martes a domingos. Martes, mércores e xoves polas tardes de 16 a 18 e de 18 a 20h; venres e sábados todo día con 4 pases (de 10 a 12, de 12 a 14, de 16 a 18 e de 18 a 20h), e os domingos só mañás, de 10 a 12 e de 12 a 14h.

As visitas guidas realizaranse en grupos de 20 persoas como máximo previa reserva no correo electrónico reservaspazodemeiras@sada.gal ou a través dos teléfonos 981620075(Ext 264) onde confirmarán data e hora da visita. Os grupos completos (excursións organizadas) deberán facer obrigatoriamente a reserva por correo electrónico.

Na visita ofrecerase unha explicación xeral acerca da orixe e evolución da finca, cos dous momentos importantes, época de Pardo Bazán coa construción das torres e  a partir de 1938 como uso de residencia de verán de Franco; as fachadas principais das Torres, o Hall, a Capela, a Granxa de Meirás, e o resto do percorrido polos xardíns: o árbore senlleira (cocotero de Chile), bosque de bambúes, paseo dos magnolios, ata chega á casa de Xosefa Portela, acabando a visita no Monolito conmemorativo da visita dos Reis en 1927, para despois ter uns minutos de percorrido libre.

Desde o Concello de Sada se advirte que se cumprirán ás medidas relacionadas co Covid 19. Ademáis se recomenda o uso de calzado cómodo e se advirte que a ruta non é recomendable para persoas con movilidade reducida ao tratarse, nas visitas iniciais ata a mellora do edificio, de percorrido por gran parte dos 93.000 metos cadrados dos xardíns  do Pazo de Meirás.

A organización, en todo caso, poderá cancelar as visitas por causas meteorolóxicas ou administrativas, previo aviso.

Arquivado en