02 / AGO / 2019
O Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada abre hoxe luns dia 5 de agosto o prazo para participar na feira de comercio Mestura Shopping 2019 que se celebrará entre os dias 31 de agosto e 1 de setembro na carpa que se ubicará detrás da Terraza.
Bases Participación Mestura Shopping 2019
Solicitude de participación para entregar no Concello
Os comerciantes interesados en participar deberán presentar a súa solicitude no Concello antes do 12 de agosto. Poden incribirse todos os propietarios de pequenos establecementos que realicen a súa solicitude en tempo e forma tendo prioridade as empresas ou autónomos con razón social ou domicilio en Sada.