A instalación abrirá todos os días en horario de 12.00 a 20.00 nos meses de xullo, agosto e os quince primeiros días de setembro. O alcalde Benito Portela asinou o pasado ano un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina nos veráns de 2022 e 2023.
Este verán os veciños e veciñas de Sada volverán a disfrutar da piscina da Pía do Loureiro grazas ao convenio asinado entre as Cerámicas do Castro eo Concello de Sada que permite o uso público desta piscina ao aire libre para ofrecer unha atracción lúdica para os sadenses. A instalación abrirá todos os días en horario de 12.00 a 20.00 nos meses de xullo, agosto e os quince primeiros días de setembro.
Este ano a instalación recreativa, que comprende a piscina e as instalacións anexas coma vestiarios e zona de solárium, terá tamén acceso libre e gratuito.
O departamento de Obras e Servizos ven de realizar nos últimos días a posta a punto das instalación para a súa apertura o sábado 1 de xullo. Concretamente a posta a punto dos vestiarios e a limpeza do vaso e pintado das paredes da piscina, respetando o polbos entrelazados deseñados por Luis Seoane en 1972.
O Concello de Sada prorrogou o contrato para o servizo de socorristas, mantemento e a limpeza das instalación durante o tempo que este aberta.
Éxito da Pía do Loureiro
Logo de dous anos sen poder abrir a piscina das Cerámicas do Castro debido á pandemia polo Covid19 o pasado ano o Concello de Sada recuperou un convenio que Benito Portela iniciara no 2016.
Desde entón, cada ano incrementouse a afluencia á Pía do Loureiro ata a pandemia. No 2019 batiu record de asistencia xa que foron 8.937 usuarios que disfrutaron das instalacións.
O pasado verán, logo de dous anos consecutivos sen que os vecinos disfrutasen da piscina polas restriccións do Covid19, volveu a abrir a Pía do Loureiro con notable afluencia de público maioritariamente mocidade de Sada.