- O alcalde, Benito Portela, firma un convenio coas Cerámicas do Castro onde Sargadelos comprométense ademáis ao deseño a prol do concello de Sada dunha peza institucional significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, así como tamén a continuar realizando as placas para a identificación das rúas sadenses segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos, de maneira altruísta e sen que supoña ningún custo para o concello.
-Portela recorda que desde a chegada á alcaldía tentou de revitalizar e defender o Museo Carlos Maside nun primeiro momento declarandoo Ben de Interese Cultural (BIC) xunto coa fábrica de O Castro, así como o Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo. “Agora damos un pasiño máis, sinala Portela, coa posta en valor do Museo Carlos Maside, o máis importante que temos en Sada, incluíndoo nos roteiros culturais e turísticos deste municipio”.
- O uso do complexo con piscina "Pía do Loureiro" establécese para os meses de xullo e de agosto e o concello de Sada dotará ó mesmo dos socorristas acuáticos e asumirá a correspondente póliza de responsabilidade civil. O horario da piscina será de 15:00-20:00 horas de luns a venres e de 12:00 a 20:00 horas os sábados e domingos.
Sada, 6 xullo 2016.
O alcalde de Sada, Benito Portela, firmou un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro-Grupo Sargadelos tendente a por en valor espacios culturais e de ocio e potenciar actividades institucionais, culturais e sociais.
Un dos puntos do convenio, de marcado carácter social, é a explotación por parte do concello de Sada da instalación da Pía do Loureiro das Cerámicas do Castro-Sargadelos, que estará aberta e dispoñible para toda a veciñanza de Sada nos meses de xullo e de agosto en horario de 15:00-20:00 horas de luns a venres e de 12:00 a 20:00 horas os sábados e domingos.
Para a explotación da piscina e as instalacións anexas coma vestiarios e zona de solarium o concello aportará o custo da contratación dos socorristas durante eses dous meses, asumindo tamén a correspondente póliza de Responsabilidade Civil. Estabécese un prezo simbólico de 1 euro para o acceso á piscina que irá destinado ás Cerámicas do Castro-Sargadelos.
Portela recorda que “os poderes públicos deben de promover e tutelar o acceso á cultura á que a veciñanza ten dereito e por outro lado temos que ser quen de promover as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural de Sada, por eso chegamos a un convenio de colaboración coas Cerámicas do Castro a nivel institucional, cultural e social”
O convenio, que firmouse entre o alcalde de Sada, Benito Portela, e Segismundo García, en nome e representación da entidade mercantil Cerámicas del Castro, S.L.-Grupo Sargadelos, sinala que o concello de Sada está a planificar a programación das actividades sociais, culturais, deportivas e recreativas en beneficio dos habitantes do seu termo municipal e sitúase dentro das competencias dos municipios relativa á prestación de servizos sociais, actividades culturais e deportivas, así como a competencia xenérica para promover aquelas actividades que contribúan a satisfacer as necesidades e as aspiracións da comunidade vecinal.
Da outra banda Cerámicas do Castro-Sargadelos desexa desenvolver diversas actividades de cooperación en áreas coma a institucional, co deseño dunha peza significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, e continuar coa colocación de placas nas rúas, segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos e na potenciación e posta en valor do Museo Carlos Maside.
Portela recorda que desde a chegada á alcaldía tentou de revitalizar e defender o Museo Carlos Maside nun primeiro momento declarando Ben de Interese Cultural o Museo xunto coa fábrica de O Castro, así como o Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo.
“Agora damos un pasiño máis, sinala Portela, coa posta en valor do Museo Carlos Maside, o máis importante que temos en Sada, incluíndoo nos roteiros culturais e turísticos deste municipio”.