SADA ACOLLE OS OBRADOIROS MACHISMOS SEN MIOPÍAS: A SAÚDE, UNHA CUESTIÓN DE XÉNERO

14 / NOV / 2019

SADA ACOLLE OS OBRADOIROS MACHISMOS SEN MIOPÍAS: A SAÚDE, UNHA CUESTIÓN DE XÉNERO

Dentro da programación da concellaría de  Servizos Sociais e Igualdade con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia contra a Muller, Sada acolle os talleres“Machismos Sen Miopías: A Saúde, unha Cuestión de Xénero”

A iniciativa consta de dous obradoiros complementariosque se desenvolverán os mércores 27 de novembro e 4 de decembro no Local anexo a Servizos Sociais (rúa A Lagoa, 44, portal 5 baixo dta) de 18:00h. a 20:30h.

Machismo Sen Miopías é un programa impulsado pola Deputación Provincial da Coruña co principal obxectivo de previr as violencias machistas a través da identificación e toma de consciencia daquelas violencias menos visibles, sensibilizando na importancia de erradicalas.

Concretamente abordarase a invisibilidade histórica das mulleres nos estudos científicos; a morbilidade diferencial así como o sobredimensionamento das diferenzas entre mulleres e homes; a violencia obstétrica e a patoloxización e medicalización dos corpos das mulleres.

A actividade é de balde pero con prazas limitadas. A inscrición en Servizos Sociais está aberta ata o 22 de novembro neste formulario,

Tamén no correo servizos.sociais@sada.gal. ou chamando  ao  telefóno de servizos sociais 981 62 05 67, deixando nome, apelidos, teléfono e DNI.

 

 

Arquivado en