Sada acometerá nos próximos meses dez obras en rúas, camiños e edificios municipais

15 / NOV / 2017

Sada acometerá nos próximos meses dez obras en rúas, camiños e edificios municipais

-Ademáis licita a adquisición de dous vehículos, un para a Policía Local e outro para o departamento de Obras e Servizos.

-O perfil do contratante do concello de Sada ten actualmente cinco actuacións en curso e seis pendentes de adxudicar por valor de 625.212€.

-A corporación sadense tamén aprobou no pleno de outubro un modificativo de crédito que supón actuacións a realizar con cargo ao remanente de tesourería por valor de 850.000€.

Sada 9 de novembro 2017.

O goberno local de Sada levará a cabo obras en varias rúas do centro urbano de Sada, así como a pavimentación e o servizo de saneamento de camiños nas parroquias, a reparación dos pozos de bombeo do termo municipal, a mellora de dous centros culturais municipais, o arreglo da cuberta do pavillón do colexio de Mondego e a instalación dunha marquesiña no centro de Saúde. Por outra banda o goberno local tamén prevé a adquisición de dous vehículos, un para a Policía Local e outro para o departamento de Obras e Servizos.

En total o concello de Sada licita actualmente, ou está pendente de adxudicar, obras e actuacións por valor de 625.212€ que estarán adxudicadas antes do remate do 2017 e comezarán antes do primeiro trimestre do 2018.

Tres son as actuacións que se realizarán no centro urbano de Sada. A substitución de redes principais, acometidas, instalación de novos servizos e pavimentacións nun tramo da Praciña do Conde; a pavimentación beirarrúa e mellora servizos nun tramo da avenida República Arxentina e na súa primeira travesía e a reordenación do entorno Travesías de Pose.

No tocante aos camiños das parroquias realizarase a pavimentación do camino de Souto a Lamela, en Carnoedo e a dotación servizo saneamento no camino do Loureiro, entre O Castro e Samoedo,  en Osedo. Ademáis realizarase a mellora e reparación dos pozos de bombeos de todo o termo municipal.

 

Os dous edificios culturais municipais terán diversas actuacións. Na Casa da Cultura Pintor Lloréns levarase a cabo a creación da biblioteca infantil e sala de lectura e na Capela de San Roque realizaranse obras de conservación e mantemento. Asemesmo

Outra das obras que adxudicarase nos próximos días é a impermeabilización da cuberta e outras obras de conservación e mantemento no pavillón do colexio de Mondego. E xa adxudicada está a construcción dunha marquesina no aparcadoiro e nas rampas de entrada ao Centro Saúde de Sada para salvagardar da choiva nos acceso ao edificio sanitario.

Por outra banda o goberno local licita a subministración dous vehículos, un camión para o servizo de saneamento e a subministración dun vehículo para a Policía Local.

Obras por valor 850.000€ con cargo ao remanente.

A corporación sadense tamén aprobou no pleno de outubro un modificativo de crédito que supón actuacións a realizar con cargo ao remanente de tesourería por valor de 850.000€.

Dentro do modificativo atópanse diversas actuacións como a pavimentación beirarrúas e mellora de servizos na rúa Sadadarea e a mellora de servizos na Avenida  República Arxentina (no outro tramo ao que se acometerá agora), a reparación de 25 camiños en todas as parroquias do termo municipal, a renovación íntegra do parque infantil do Paseo Marítimo adaptando os novos xogos ás normativas actuais e a mellora do parque situado no Porto baixo o muro de Fontán, engadindo novos xogos e unha zona para a práctica da calistenia. 

Arquivado en