Sada acondiciona o roteiro Costa Doce

27 / XUN / 2016

Sada acondiciona o roteiro Costa Doce

- A brigada de servizos realizou a limpeza e o desbroce do tramo entre Fontán e Punta de San Mamede que está a ser moi utilizado nas ultimas datas. Ademáis os operarios de servizos abriron un camino real que discurre entre Fontán e o mirador da ría existente no roteiro.

Ruta en Wikiloc

 

Sada, 25 xuño 2016.

A pasada semana finalizaron as labouras de acondicionamento do roteiro Costa Doce que se levaron a cabo desde a concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro. 

A brigada de servizos realizou a limpeza e o desbroce do tramo entre Fontán e Punta de San Mamede que está a ser moi utilizado nas ultimas datas. Ademáis os operarios de servizos abriron un camino real que discurre entre Fontán e o mirador da ría existente no roteiro. 

Dentro las obras realizadas a pasada seman tamén se acondicionou con medios mecánicos o aparcadoiro da Praia de Arnela e a man o acceso a Praia dos  Lobos así como o desbroce de todo o camino. 

O roteiro Costa Doce está a ser moi utilizado este ao como zona de paseo e práctica deportiva. Fai poucas datas levouse a cabo un trail por moitos dos tramos que foi considerado polos corredores como “espectacular”

Arquivado en