SADA ACTIVA O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

22 / AGO / 2022

SADA ACTIVA O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O equipo de profesionais deste servizo municipal está formado por unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda, especialistas no eido da atención temperá, que atenderán o servizo de luns a xoves en horario de mañán e tarde e os venres polas mañáns, previa cita, no local anexo aos servizos sociais municipais.

O Concello de Sada dispón novamente do Servizo de Atención Temperá (SAT) dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, as súas familias e o seu contorno. Este servizo consiste nun conxunto de intervencións que teñen por obxectivo atender o mais axiña posible as necesidades, transitorias ou permanentes, que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

Tratase dun servizo municipal, con subvención da Xunta de Galicia a través de Fondos Europeos, gratuíto para as persoas usuarias que ofrece un conxunto de medidas orientadas a mellorar a situación e calidade de vida dos nenos e nenas desa idade e ás súas familias a través dun plan de intervención individual segundo as características particulares de cada caso.

Tamén persegue sensibilizar á poboación en xeral, co fin de detectar a tempo os casos susceptibles de intervención, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

As persoas interesadas deberán dirixirse aos servizos sociais municipais onde serán informados do procedemento para beneficiarse do mesmo, sendo tamén precisa a valoración e diagnose a través do servizo de pediatría do SERGAS.

O equipo de profesionais de atención directa está formado por unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda especialistas no eido da atención temperá, que atenderán o servizo de luns a xoves en horario de mañán e tarde e os venres polas mañáns, previa cita, no local anexo aos servizos sociais municipais.

Mais información nas oficinas dos servizos sociais, e a través dos correos electrónicos: sat.sada@cogami.gal, tfno. 664.044.560 e servizos.sociais@sada.gal tfno. 981.620567.

 

Arquivado en