Sada adjudica la reforma de la antigua Escuela de Carnoedo

09 / NOV / 2023

Sada adjudica la reforma de la antigua Escuela de Carnoedo

O Concello de Sada reformará o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados.

A Xunta de Goberno de Sada adxudicou no mes de setembro á empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, S.L a reforma interior do antiguo edificio escola de Carnoedo por un importe total de 181.096,22 euros. O alcalde de Sada, Benito Portela,  firmara anteriormente un convenio polo que a Deputación da Coruña otorgara unha subvención para a mellora do edificio para destinalo a uso social.  O Concello de Sada aportará 46.000 euros nun investimento total de 181.000 euros.

A parcela onde se sitúa a edificación, atópase no lugar de Taibo, parroquia de Carnoedo. A parcela conta cunha superficie de 2.155 m2, e a edificación obxecto da reforma ocupa unha superficie en planta de 136,85 m2, e conta con planta baixa e planta alta. Non se modificará a estrutura xeral do edificio, nin o seu volume, só se adaptará a configuración existente, para mellorar as condicións de accesibilidade e confort da construción.  Colocarase un elevador e modificaranse os aseos existentes para facelos accesibles.

Na planta baixa crearanse dúas salas na mesma posición que as aulas existentes, unha destinada a aula infantil-ludoteca e unha sala destinada a ximnasio. Na planta alta habilitarase unha sala destinada a aula musical contigua ao elevador e disporanse varios espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reunións e atender aos seus asociados.

A concellería de Participación Cidadá, xestionada por Rebeca Mouriño, convocara unha primeira mesa de participación á que se convidou a todo o tecido asociativo e a todos os grupos políticos da corporación. Nesta primeira mesa recolléronse todas as propostas e necesidades para a antiga escola unitaria de Carnoedo,  para posteriormente, traballar nun borrador de propostas de uso.

"O resultado final é froito do traballo de todas e todos, indica Mouriño. Temos a  sorte de contar cun gran tecido asociativo  que impulsa ao concello a traballar para habilitar espazos municipais que promovan a diversidade e a integración". Entre isas asociacións a AA.VV. Armental,   “bautizou” as distintas estancias cos topónimos das praias de Carnoedo, conectando este espazo multiusos coas raíces da parroquia.

Partindo do programa que saíu das reunións de participación e tendo en conta os condicionantes existentes, desenvolveuse unha proposta para a distribución das plantas e  dotar ao edificio dun elevador e duns aseos accesibles, procurando o mellor aproveitamento do espazo e unha mellora da accesibilidade. Tamén se renovarán os acabados interiores, colocando illamento térmico e acústico e falsos teitos que mellorarán o confort do edificio. En canto á envolvente do edificio, actuarase creando unha nova soleira ventilada, co obxecto tanto de paliar o problema das humidades por capilaridad, como de illar térmicamente a separación co terreo.

 

Resumo de obras de reforma a realizar:

-Mellora da accesibilidade mediante a instalación dun elevador que permita o acceso do público á planta alta.

-Mellorarase tamén a accesibilidade na planta baixa, reformando o hall de entrada, modificando a entrada e ampliando os corredores de acceso ás diferentes estancias. Ademais modificaranse os aseos para facelos accesibles.

-Tamén se aumentará o confort térmico e acústico da edificación, renovando os acabados interiores, cun trasdosado autoportante con illamento nas paredes e falsos teitos con illamento, así como novos pavimentos.

-A sala destinada a aula de música se insonorizará, na medida do posible, xa que non se substitúe a carpintaría exterior existente.

-Realizaranse traballos de mantemento da fachada, saneando e reparando as fisuras, sobre todo da fachada lateral, e aplicarase unha pintura hidrófuga, colocando previamente unha malla para evitar fisuras.

Arquivado en