Sada adxudica a obra da marxe dereita da avenida República Argentina e a súa primeira Travesía

25 / DEC / 2018

Sada adxudica a obra da marxe dereita da avenida República Argentina e a súa primeira Travesía

-O Concello de Sada xa rematou as obras de pavimentación beirarrúa e mellora de servizos afectados no tramo esquerdo da Avda. República Argentina e ven de adxudicar na última XGL as obras do marxe dereito da avenida

-A reforma da zona inclúe tamén as obras da rúa Sadadarea, paralela á Avenida República Argentina,  que rematada a licitación a finais de novembro están nestes intres en proceso de adxudicación.

Sada 10 decembro 2018.

A Xunta de Goberno Local adxudicou a pasada semana a obra de pavimentación da beirarrúa e mellora de servizos afectados nun tramo da Avda. República Arxentina e na súa 1ª Travesía,  tramo que vai desde a edificación sita no nº 24 ata o nº 50, á empresa IAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS S.L por 34.800,00€.

A actuación na marxe dereita da avenida inclúe a demolición e pavimentado das beirarrúas e zonas de tránsito que se dotarán de novo pavimento de granito. Paralelamente, crearase unha canalización para as augas pluviais, xa que na actualidade carece deste servizo básico, que estará conectada coas bajantes das cubertas dos edificios. O proxecto contempla tamén revisar e acometer outras melloras nas infraestruturas da rede de abastecemento e saneamento.

Obras en toda a Avenida

Recentemente remataron as obras de pavimentación de beirarrúas e mellora dos servizos afectados no tramo esquerdo da citada avenida, actuación adxudicada á empresa Escavacións e Obras Candal S.L, por un importe de 85.062,09€, que o goberno municipal financiou con cargo ao remanente de tesorería.

A concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, previu obras de pavimentación das beirarrúas e servizos de residuais e pluviais entre a edificación sita no nº 13 ata o nº 53, o tramo que discorre desde o cruzamento da avenida República Arxentina coa rúa da Obra ata practicamente o límite co Concello de Bergondo, pasando a gasolineira. As obras realizadas incluiron nova canalización de distribución de auga e a colocación de pavimento idéntico ao que se está colocando en Sada nas zonas peonís.

Rúa Sadadarea

A reforma da zona inclúe tamén as obras da rúa Sadadarea, paralela á Avenida República Argentina,  que rematada a licitación a finais de novembro están nestes intres en proceso de adxudicación. As obras previstas levarán a cabo enambas marxes da rúa, concretamente no tramo esquerdo desde o nº 3 até o nº 29 e na marxe dereita desde o nº 2 ao 40.

Na zona de actuación, aínda que as edificacións contan xa con certa antigüidade e moitas delas non son construcións recentes, faise necesaria unha revisión e probable mellora das infraestruturas existentes, tales como as acometidas ás redes de abastecemento, saneamento e nalgúns casos de pluviais, onde se conectarían as bajantes das cubertas dos edificios á tubaxe existente de pluviais, que actualmente verten sobre a beirarrúa.

Así mesmo, nese tramo da avenida evidénciase a deterioración no pavimento das beirarrúas e no bordo das mesmas, así como tamén na zona comprendida entre a calzada asfaltada e o bordo, que a día de hoxe presenta un pavimento irregular, nalgúns casos con fisuras e fochancas, polo que se dotará á rúa dun pavimento novo semellante ao instalado nas rúas que veñen acondicionando desde fai tres anos.