A senda, de 378 metros, construirase na marxe dereita do viario de titularidade autonómica
Sada 7 xaneiro 2019.
O Concello de Sada adxudicou as obras para a construción dunha senda peonil na parroquia de Carnoedo á empresa SIR-AMG SLU por 80.909 euros, rebaixando o orzamento inicial que era de 95.159 euros. A actuación levará a cabo na AC- 163 de Sada a Mera até a ligazón coa estrada DP-7504, desde o 9 de Taibó até o 30 do Agra de Carnoedo.
A senda, de 378 metros, construirase na marxe dereita do viario de titularidade autonómica, permitindo un paso seguro para os veciños que van ao club social da entidade Armental. "A obra de construción dá senda pechará un circuíto peonil que sen dúbida animará aos veciños a pasear con maior seguridade e comodidade", indicou o concelleiro de Obras, Miguel Tenreiro.
Así mesmo esta actuación levará a renovación do colector de fecais, a instalación de canalizacións de pluviais e a creación dunha senda de formigón para tránsito peonil.