O Pleno ordinario do Concello de Sada celebrado onte aprobou as propostas da mesa de contratación de dous servizos municipais por valor de máis de 3,5 millóns de euros.
Sada 11 xaneiro 2019.
No segundo punto do orde do día do Pleno da Corporación do xoves 10 de xaneiro debateuse e aprobouse a contratación por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, dos servizos de Axuda no Fogar. O pleno validou a proposta que fixo a mesa de contratación adxudicando o contrato á empresa Idade de Ouro Servicios Sociosanitarios S.L. por ser a oferta mais vantaxosa, sendo o importe máximo previsto do contrato para as anualidades 2019 e 2020 de 1.569.013,78€.
Tamén se aprobou a contratación por procedemento aberto dos servizos de limpeza viaria e de praias no término municipal de Sada. Neste punto o pleno tamén validou a proposta da mesa para adxudicar a contratación dos servizos de limpeza viaria e de praias á empresa ACCIONA SERVICIOS URBANOS S.R.L por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, no prezo de 1.981.408,53€.
O Concello de Sada remitirá ao Consello de Contas a documentación que establece o artigo 29 do Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, á vista da contía dos contratos, no prazo dos tres meses seguintes a súa formalización.