Sada tamén aprobou a exención de matrícula para a Escola Infantil Flora Ramos.
A Xunta de Goberno Local de Sada celebrada hoxe aprobou a proposta da alcaldía para modificar a ordenanza fiscal que regula os prezos do servizo da escola infantil, e aplicar así a gratuidade das taxas de atención educativa da E.I. Flora Ramos, tras a medida aprobada recentemente pola Consellería.
Esta bonificación aplicarase no curso escolar 2022/2023, que comeza o vindeiro 5 de setembro. Para beneficiarse desta medida, será imprescindible a asistencia regular a escola na modalidade escollida, xornada completa (8 horas máximo) ou media xornada (3 horas mínimo).
Con esta medida búscase garantir a gratuidade da atención educativa na escola infantil, á que acoden nenos/as entre 0 e 3 anos, ao tempo que aliviamos a carga económica que soportan as familias, que a partires do inicio do curso deixarán de pagar a taxa e mensualidades correspondentes, aboando só o servizo de comedor ou as horas a maiores, no caso de demandalo.
O Concello de Sada tamén aprobou a gratuidade da matrícula da Escola Infantil Municipal. Deste modo, todas as familias poderán gozar da bonificación completa das taxas durante a escolarización ate os 3 anos.