Esta nova licitación prodúcese logo de que se declarase deserta a anterior licitación. Desde o goberno municipal entenden que este servizo é totalmente necesario máis en tempos como o que estamos a pasar de pandemia polo COVID19 xa que promove o carácter plenamente educativo do primeiro ciclo da Educación Infantil (nenos/as de 0 a 3 anos) contribuindo ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos e respondendo ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal.
Sada, 26 febreiro 2021.
O Concello de Sada aprobou onte no Pleno da Corporación a licitación por procedemento aberto do servizo de xestión da Escola Infantil de Sada Flora Ramos, Florita.
Desde o goberno municipal entenden que este servizo é totalmente necesario máis en tempos como o que estamos a pasar de pandemia polo COVID19 xa que promove o carácter plenamente educativo do primeiro ciclo da Educación Infantil (nenos/as de 0 a 3 anos) contribuindo ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos e respondendo ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal.
Esta licitación prodúcese logo de que se declarase deserta a anterior licitación. O pasado 3 de decembro a mesa de Contratación adxudicou a concesión do servizo da Escola Infantil Flora Ramos “Florita” e estableceu un prazo para que a empresa adxudicataria presentase a documentación necesaria. Transcorrido o prazo mencionado non se recibiu no Concello de Sada a documentación sinalada polo que entendeuse que o licitador retirou a súa oferta e ao non existir máis empresas que presentaran propostas o órgano de contratación declarou deserta a licitación.
Por todo elo o goberno municipal eleva ao Pleno da Corporación unha proposta de aprobación do expediente de contratación por procedemento aberto do servizo de xestión da Escola Infantil de Sada Flora Ramos, Florita, cun valor estimado de 2.131.056,33 euros.
O concello de Sada é titular da Escola Infantil Municipal Flora Ramos “Florita”, un servizo público co que pretende que os nenos e as nenas de do concello poidan ser atendidos nesas idades e recibir unha primeira educación e coidados onde se responda ás súas necesidades e medren seguros e integrados no seu entorno e ademais sexan axudados a desenvolveren todas as súas capacidades con base nos valores da educación en igualdade, o respecto e a non discriminación.
A Escola Infantil entrou en funcionamento en 1996, e na actualidade (curso 2019-2020) ten abertas 9 unidades, do primeiro ciclo de Educación Infantil (dúas aulas de bebés, catro aulas de 1 a 2 anos e tres aulas de 2 a 3 anos). O seu nivel de ocupación é total, atendendo a 128 nenas e nenos, que se distribúen do seguinte xeito: de 0 a 1 anos.: 16 prazas (2 reservadas para Servizos Sociais), de 1 a 2 anos: 52 prazas (2 reservadas para Servizos Sociais); de 2 a 3 anos: 60 prazas (2 reservadas para Servizos Sociais).
Os obxectivos xerais do servizo da escola infantil municipal son proporcionar aos nenos e nenas contextos enriquecedores e actividades diversas que permitan o crecemento persoal e a relación con outros nenos. Outro dos obxetivos é a adquisición de valores que favorezan a súa autonomía persoal e a integración na sociedade e conseguir que se sintan aceptados e valorados tal e como son tendo en conta as características e necesidades persoais así como a diversidade de cada un deless.
Ademáis búscase respecto das familias complementar o contexto educativo familiar acompañando e colaborando coas familias na adquisición de habilidades e recursos para afrontar as novas situacións así como favorecer as relacións da escola coas familias de maneira que se sintan partícipes da vida e implicadas no proceso educativo dos seus fillos.