Sada aproba a proposta de alcaldía de inversión de máis de 600.000 euros nas obras da senda de Veigue e renovación de Párroco Villanueva

27 / MAI / 2022

Sada aproba a proposta de alcaldía de inversión de máis de 600.000 euros nas obras da senda de Veigue e renovación de Párroco Villanueva

O pleno da corporación aprobou onte a proposta de alcaldía relativa ao POS+2022 do proxecto corrixido investimento Senda peonil Veigue e actualización do proxecto Renovación Párroco Villanueva.

O Concello de Sada investirá 611.874, 85 euros nos dous proxectos que liciratanse nas vindeiras semanas.

Senda peonil en Veigue

O goberno municipal pretende con este proxecto mellorar a seguridade vial na zona de Veigue, por tal motivo, a obra proposta proxecta a formación dunha senda de aglomerado para o tránsito peonil a cal completa un circuíto entre o entorno do núcleo de Veigue e o límite do Concello de Sada.

A lonxitude total da actuación é de 698 metros e discorre pola marxe dereita do vial autonómico AC-163 agás nun tramo onde discorrerá por ambas as dúas beiras da estrada. Os traballos acometerán a mellora das infraestruturas existentes tales como as acometidas ás redes de abastecemento e saneamento e á execución dunha nova rede de pluviais e alumeado público.

O orzamento desta actuación ascende á cantidade de 205.539,18 euros.

Renovación Párroco Villanueva

O proxecto define varios puntos de actuación na Avenida Párroco Villanueva. No tocante a excavacións prevese a demolición de gran parte das beirarrúas e parte da calzada actual mediante fresado, a excavación manual ou mecánica para localización, substitución e inclusión dos servizos que se proxectan. No capítulo de pavimentos se repoñerán os puntos nos que haxa que demoler para traballos en instalacións ou para regularizar os diferentes espesores da baldosa contra os accesos a portais e se instalará bordo de granito asentado sobre soleira de formigón. O trazado do bordo, será tal que se cumpran as anchuras mínimas para a correcta accesibilidade dos peóns. Finalmente se subministrará e colocará pavimento prefabricado granallado idéntico ao que se está a colocar en Sada para zona peonil. Ademáis instalarase bordo de granito gris morrazo asentado sobre soleira de formigón. O trazado do bordo, será tal que se cumpran as anchuras mínimas para a correcta accesibilidade dos peóns.

Por outra banda se subministrará e colocará pavimento prefabricado granallado "gris basalto", idéntico ao que se está a colocar en Sada para zona peonil. Se repoñerán as tapas de arqueta para acometida domiciliarias de saneamento e/ou pluviais, existentes que fosen susceptibles de mellora.

Mención especial merece a parte superior da rúa, na que se atopa un cruceiro, e que se pretende pór en valor no terreo público que está en contacto con el. Proxéctase que o pavimento nese ámbito sexa de formigón gris sobre elevado con respecto rasante de aglomerado das dúas rúas que conflúen, o cal provocará, unha reducción nas velocidades de circulación nese punto. Ademais, para separar a pedra do cruceiro do formigón rodearase no terreo público dunha franxa de adoquín de pedra de aproximadamente un metro que ademáis actuará como banda redutora de velocidade.

No tocante ao saneamento prevese a reparación das acometidas domiciliarias de augas residuais e pluviais que se localicen. En canto ós sumidoiros, ubicaranse nos puntos axeitados, tanto en rigola coma en beirarrúa de xeito que se eviten escorrentías nas zonas de tránsito. Convén destacar que tamén se recollerán augas procedentes dos soportais privados dos edificios da marxe esquerda e que actualmente discorren por riba da berirarrúa. En canto ao abastecemento de auga substitúese no presente proxecto, a canalización de fibrocemento por outra de fundición dúctil, entre a Avenida de Barrié de la Maza e a rúa Compostela. Esto require unha renovación de tódolos cruces e conexións na confluencia de Párroco Villanueva con esta rúa que se reflicte en planos e en medicións.

Do mesmo xeito, revisaráse o resto da instalación refacendo as acometidas que se vise que non son axeitadas en canto os materiais ou ó seu funcionamento.

O orzamento desta actuación ascende á cantidade de 406.335,67 euros..

 

Arquivado en