-O orzamento, que se eleva a 12.755.418€, da luz verde ao Goberno Municipal para licitar diversas actuacións pendentes da aprobación definitiva deste documento.
Sada, 14 xuño 2018.
O pleno da corporación rexeitou ayer as as reclamacións presentadas contra o orzamento xeral do Concello para 2018 e aprobou definitvamente o documento presentado polo Goberno Municipal Local que aumenta un 5% con respecto ao pasado ano establecendo un total de 12.755.418€ de gastos e ingresos.
Os orzamentos do ano 2018 son os terceiros que presenta o goberno local no mandato actual e acumulan un aumento dun 12% desde o orzamento prorrogado do ano 2015. O alcalde de Sada, Benito Portela sinala que os orzamentos para o 2018 “reflicten unha forma de facer política enfocada na xente, nas demandas recollidas nos Consellos Sectoriais e nun sentir común de primar as necesidades sociais e educacionais nos orzamentos municipais, sen perder de vista as inversión”.
“Son os orzamentos máis sociais da historia de Sada, indica Portela á vista dos datos, incremántase a inversión nos servizos básicos, protección social e bens públicos”. A suba máis significativa establécese en protección social que aumenta un 15,16% con respecto ao ano anterior (continuando co aumento correspondente ao 2017 que supuso un 9,61% con repeto ao 2016) aumentando as partidas de servizos sociais, xuventude e emprego.
Cos orzamentos aprobados no día de onte contémplase un investimento en asistencia social de 1.128.849€, con mención espacial ao Servizo de Asistencia no Fogar dependencia que aumenta ate o medio millón de euros. Ademáis acometeranse melloras da accesibilidade no municipio, á reforma do local dos servizos sociais municipais, a reforma da Escola Infantil Flora Ramos e a realización da cuberta do patio do colexio Sada e Contornos actuación para a que Patrimonio xa informou favorablemente.
Aumenta tamén o capítulo de bens públicos (no que se incluen as áreas de sanidade, educación, cultura e deportes) que se traducen principalmente no aumento do incremento de cantidades destinadas aos centros educativos e actividades culturais. En Educación a partida aumenta ata os 969.250€ onde se inclúen o funcionamiento de centros de enseñanza preescolar e primaria, as escolas infantís e os servizos complementarios de educación. Á seguridade e emerxencias destínanse 1.126.309€, a Deportes 491.300€ e compútase un aumento significativo no área de Cultura.