Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia

27 / ABR / 2018

Sada aproba os orzamentos máis sociais da súa historia

-Os orzamentos 2018 se elevan a 12.755.418€, un 5% máis que no 2017 e contaron co voto favorable da mayoría da corporación no pleno celebrado onte.

- A débeda pública do Concello de Sada segue a ser cero, ao igual que no exercicio anterior.

Sada, 27 de abril 2018.

O goberno municipal de Sada presentou no pleno ordinario celebrado onte os orzamentos correspondentes ao ano en curso cun aumento do 5% con respecto ao pasado ano  establecendo un total de 12.755.418€ de gastos e ingresos. 

Os orzamentos do ano 2018 son os terceiros que presenta o goberno local no mandato actual e acumulan un aumento dun 12% desde o orzamento prorrogado do ano 2015.

O alcalde de Sada, Benito Portela cre que os orzamentos para o 2018 “reflicten unha forma de facer política enfocada na xente, nas demandas recollidas da cidadanía e nun sentir común de primar as necesidades sociais nos orzamentos municipais.”.

Sen apenas variacións no capítulo de gastos de persoal o orzamento presenta un aumento no capítulo de gastos en bens correntes e servizos básicos, dun 6,97% chegando a 8.186.829€. O capítulo 3, gastos financieiros, segue en cero e aumentan as transferencias correntes un 4,33%.

“Son os orzamentos máis sociais da historia de Sada, indicou Portela, á vista dos datos. Incrementase a inversión nos servizos básicos, protección social e bens públicos preferentes. A suba máis significativa establécese en  protección social que aumenta un 15,16% con respecto ao ano anterior (continuando co aumento correspondente ao 2017 que supuso un  9,61% con repeto ao 2016) aumentando as partidas de servizos sociais, xuventude e emprego.

Os orzamentos do ano 2018 contemplan un investimento en asistencia social de 1.128.849€, con mención espacial ao SAF dependencia que aumenta ate algo máis de 600.000€, “o doble do que nos encontramos cando chegamos ao goberno”, apunta Portela. Inclúense tamén melloras da accesibilidade, á reforma do local dos servizos sociais municipal e a reforma da Escola Infantil Flora Ramos.  

Aumenta tamén o capítulo de bens públicos (no que se incluen as áreas de sanidade, educación, cultura e deportes) que se traducen principalmente no aumento do incremento de cantidades destinadas aos centros educativos e actividades culturais.

En Educación a partida aumenta ata os 969.250€ onde se inclúen o funcionamiento de centros de enseñanza preescolar e primaria, as escolas infantís e os servizos complementarios de educación.  Á seguridade e emerxencias  destínanse 1.126.309€, a Deportes 491.300€ e compútase un aumento significativo no área de Cultura.

Ingresos

O informe de intervención sinala que no capítulo de ingresos estímanse os impostos con carácter xeral non polo aumento do tipo senón pola evolución da recadación nos últimos exercicios. Concretamente no IBI aplicase unha compensación de 350.000€ de anos anteriores e  a liquidación do 2017 foi positiva, polo que o resultado provoca un incremento importante na previsión de ingreso do IBI.

No IVTM o incremento previsto no orzamento non responde a previsións de suba no padrón do imposto senon ao efecto positivo da liquidación pola xestión do servizo. No relativo ao ICIO e a taxa por licencias de obras estímanse en base a tendencia na evolución da actividad de construcción en Sada así como as previsións do departamento de urbanismo. O importe previsto considerase moderado, segundo sinala o informe de intervención. 

Arquivado en