-A proposta de alcaldía, aprobada polo Pleno da Corporación, contempla a mellora do barrio de Fontán, do lugar do Tarabelo, dos accesos ao polígono industrial Sada-Cambre e de distintos camiños nas parroquias, así como proxectos de distribución de auga en Osedo, a reforma do edificio da OMIX e a remodelación do parque infantil da urbanización das Brañas.
Sada, 20 decembro 2018.
Sada celebrou onte un pleno extraordinario para aprobar as distitnas actuacións que se financiarán con cargo aos Plan de Obras da Deputación Provincial.
Os obxectivos que persegue o Concello neste plan son a mellora das infraestruturas existentes como son o abastecemento auga, saneamento e, iluminación de varias zonas do municipio, a mellora de viais públicas e camiños municipais, a remodelación dos parques infantís e o mantemento e conservación de fachadas e cubertas así como mellora da eficiencia enerxética de edificios municipais.
Segundo se indica na memoria de alcaldía proponse ao pleno “participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2019 da Deputación Provincial da Coruña, cuxas Bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da achega e préstamo provincial asignada aos obxectos que se indican a, separando os que se financian con cargo a achega provincial 2019, achega provincial 2018 e préstamo provincial 2019”.
A proposta de alcaldía inclúe dentro da achega provincial 2019 (235.940,34€) os proxectos de distribución de auga Osedo-O Castro, o mantemento e conservación de fachadas e cuberta así como a mellora da eficiencia enerxética no edificio da OMIX, a mellora do pavimento no camino do Peroureiro e punto limpo en en Meirás e a substitución redes principais as súas acometidas e pavimentación na rúa Lugrís Freire e en dous tramos da beirarrúa da avenida da Mariña.
Ademáis dentro da achega provincial 2019, aplicada ao financiamento de gastos correntes, se inclúen 29.000€ para a Biblioteca Municipal.
Dentro da achega provincial do 2018, cun importe total de 254.356,20€, se inclúen os proxectos de acondicionamiento, con novos pavimentos e instalación, nas rúas do barrio de Fontán e a renovación de servizos do Tarabelo.
Finalmente con cargo ao préstamo provincial 2019, dotado con 199.533,72€ a proposta que se leva ao pleno de mañá inclúe actuacións de reposición de pavimentos nas beirarrúas e calzada do acceso ao Polígono Sada-Cambre e a pavimentación do camino dos Agrelos, entre Pazos e Souto, na parroquia de Carnoedo.
A alcaldía tamén presentou ao pleno a aprobación do Plan Complementario do ano 2019, onde se inclúen os investimentos financeiramente sostibles, para o que se propón a remodelación do parque infantil da urbanización das Brañas por un importe de 218.404,03€.