Sada asumirá os gastos de mantemento de Mosteirón

04 / ENE / 2016

Sada asumirá os gastos de mantemento de Mosteirón

O Concello de Sada aprobou no pasado pleno, cos votos a favor de Sadamaioría, PSOE, BNG e PDSP e os votos en contra do PP, o inicio do expediente para que sexa o propio concello quen asuma os gastos de mantemento do centro escolar de O Mosteirón sempre e cando non se poña en risco a sostibilidade financieira da facenda municipal, cumplindo os principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieria.



Sada 4 xaneiro 2016.

O pleno do Concello de Sada aprobou o pasado 30 de decembro o inicio do expediente para asumir os gastos de mantemento do centro escolar de O Mosteirón sempre e cando non se poña en risco a sostibilidade financieira da facenda municipal, cumplindo os principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieria.

O CEIP de Ou Mosteirón existe como tal desde o ano 2008, cando o que até entón era un Centro Público Integrado (CPI) se segregó dando paso ao actuais instituto e colexio O Mosteirón. Dous anos antes, en 2006, produciuse a transferencia da titularidade do centro do Instituto Social da Mariña á Consellería de Educación, pero seguen sendo as arcas do centro público as que afrontan os gastos de luz, auga e outros mantementos, que até o cambio de competencias asumía o Instituto Social da Mariña (ISM).

Desde a Concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, vense observando a "insuficiencia das achegas, que puntualmente fai a conselleria, para sufragar os o mantemento da prestación de servizos e subministros básicos necesarios para un correcto funcionamento do centro."

Esta é unha "demanda histórica da comunidade escolar que ten que facer frente a unhos custes que deberían ser sufragados con fondos públicos", sinala Bolaño

O goberno local cree que esta é unha "aposta clara do Concello de Sada por fomentar a educación pública" a partires de agora "as aportacións do ANPA poderán ser destinadas ao fomento de actividades e aos servizos complementarios que eles decidan."

Esta iniciativa busca unha maior homoxeneidade nos servizos prestados nos diferentes centros do termo municipal, independientemente da súa titularidade. "A unificación dos servizos e subministros nos contratos municipais , indica a concelleira, redundará nunha maior eficiencia económica dos fondos públicos."

O sindicato CCOO denunciou en xuño de 2015 que o colexio de Infantil e Primaria de O Mosteirón, en Sada, non tiña recursos suficientes para facerse cargo do custo que supón o mantemento do centro, que ascendería, como sinalaron, a uns 30.000 euros anualmente.

De feito en setembro do pasado ano desde a ANPA do centro denunciaban a situación “Non se pode consentir que desde a Xunta, que vive dos nosos impostos, non se solucione en nove anos; é sangrante”

CCOO aseguraba que desde que se creou o colexio de Infantil e Primaria este unicamente recibe “a partida orzamentaria ordinaria coa que a Consellería dota aos centros”, pero unha cantidade que non inclúe, din, o mantemento sinalado anteriormente.

Tamén desde o Consello escolar ratificaban as afirmacións do sindicato e recoñecían que a Xunta, consciente da situación que se vive no colexio, “ás veces manda unha partida extra para cubrir parte deses gastos de mantemento, pero que en ningún caso chega para afrontar o pago deses 30.000 euros”.

O goberno local, por medio do alcalde, Benito Portela, e a concelleira de educación, Raquel Bolaño, consciente da necesidade de arranxar esta situación reuniuse en setembro de 2015 co xefe territorial da concellería de educación, Indalecio Cabana. Naquela reunión trasladou ao xefe territorial a posibilidade de que o Concello de Sada fixésese cargo dos gastos de mantemento de O Mosteirón mentres que desde a consellería de Educación comprometéronse a realizar a mellora do parque infantil do colexio Barrié da Maza (melloras que demandaba o centro e os país, mesmo con recollida de firmas); a mellora das aulas de O Mosteirón; o arranxo dos aseos así como varias aulas no colexio de Mondego Pedro Barrié da Maza e a mellora do patio cuberto e a aula de infantil do denominado Patio Andaluz de O Mosteirón.

Agora o goberno local da un pasiño máis iniciando expediente para que sexa o propio concello quen asuma os gastos de mantemento do centro escolar de O Mosteirón e dese xeito as aportacións do ANPA poderán ser destinadas ao fomento de actividades e aos servizos complementarios que eles decidan.

Arquivado en