Sada avalía a viavilidade urbanística e económica de execución de piscinas no Paseo Marítimo

06 / DEC / 2019

Sada avalía a viavilidade urbanística e económica de execución de piscinas no Paseo Marítimo

O goberno de Sada evalua a viavilidade urbanística e económica de execución cunha área de piscinas descubertas no ámbito do actual sistema xeral de espazo libre.

Sada, 6 decembro 2019.

Neste proxecto preliminar propóñense diferentes plataformas de baño integradas nun espazo axardinado e adaptado, pensado para diferentes idades e usos. “A proposta retoma a idea gañadora do concurso organizado no 2008 para dotar ao paseo marítimo dun espazo de ocio que permitise o baño” segundo informa a Concelleira nacionalista Isabel Reimúndez, cuxo grupo defendeu esta opción como alternativa de baño na Praia de Sada.

O anteproxecto encargado recolle a idea inicial na que se traballará dende o goberno de Sada co obxetivo de ofrecer unha solución integrada de reacondicionamento do borde litoral sadense que contemple a instalacións de piscinas dentro do ámbito do SXEL que poña en valor o entorno medioambiental.

Isa Reimundez amosou a súa satisfacción por lograr o consenso entre os grupos de goberno (Sadamaioría e Alternativa dos Veciños) para levar a cabo un proxecto que o seu grupo xa iniciará no ano 2008 e que forma parte do pacto asinado para este mandato entre as tres forzas progresistas, amosando o compromiso do actual Goberno de Sada coa búsqueda de alternativas de ocio de calidade e medioambientalmente sostibeis.

 

Arquivado en