- O pleno da corporación debaterá esta tarde a nova taxa polo servizo de distribución de auga e o servizo de redes de sumidoiros que supón unha redución do 1% con respecto ao ano anterior.
- O pleno decidirá ademais si aproba a proposta de alcaldía de solicitude á Xunta de Galicia de declaración das Brañas como espazo natural de interese local.
Sada 29 de outubro
O pleno ordinario que se celebrará esta tarde ás 20:00 horas no edificio da Ayudantía debaterá, entre outros puntos, a modificación da ordenanza fiscal número 21 reguladora da taxa pola subministración de auga así como a modificación da ordenanza fiscal número 11 reguladora da taxa polos servizos de redes de sumidoiros.
Nun cómputo global o servizo pasará a custar un 0,9% menos que o ano anterior sendo ademais o primeiro ano de baixada despois de varios anos consecutivos de subida.
Concretamente a contía da taxa da auga na apartado cota de servizo de abonados domésticos pasará de 4,50€ a 4,46€ mentres que o consumo até os 10m3 pasará de 0.33€/mes a 0,32€/mes e a partir de 10m3 de consumo pagarase 0,56€/mes polos 0,57€/mes que viña pagando até o momento.
O mesmo desconto aplicarase aos abonados industriais mentres que o prezo pola conservación de contadores mantense igual que o pasado ano.
En canto á taxa polo servizo de redes de sumidoiros redúcese tanto en vivendas como en leiras e locais non destinados a vivendas nunha porcentaxe do 1% de media.
No caso de que a proposta de redución das taxas salga adiante a ordenanza fiscal entrará en vigor o 1 de xaneiro.
As Brañas espazo natural de interese local.
O pleno que se celebrará esta tarde tamén inclúe a proposta de alcaldía sobre a solicitude á Xunta de Galicia de declaración das Brañas como espazo natural de interese local.
Segundo consta na proposta, na sesión do 26 de xuño de 2014 o pleno da corporación a instancia do grupo municipal do BNG acordou instruír expediente para solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a declaración das Brañas como Espazo natural de Interese Local, amparados no artigo 17 da Lei 9/2001 do 21 de agosto.
Esta Lei define no capítulo I os espazos naturais que deben ser considerados merecedores dunha protección especial. Entre o nove categorías de espazos naturais protexidos figura o ENIL que a lei define como aquel espazo que polas súas singularidades sexa merecedor de algun tipo de protección dos seus valores naturais por petición do concello en cuxo termino municipal este integrado.
A responsabilidade de competencia de xestión destes espazos será municipal e aínda que non implica asignación de recursos da Comunidade Autónoma terán preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión.
Desde a chegada á alcaldía do novo goberno municipal impulsouse a tramitación do expediente redactándose a memoria que figura no expediente. Precisamente o alcalde de Sada, Benito Portela e o concelleiro de promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Liss Becerra, reuníronse o pasado mes de setembro con Jorge Branco, xestor da RB Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para incluír as Brañas Sada dentro da Reserva dá Biosfera , outro paso máis na necesidade de preservar este gran espazo verde que Sada posúe.
Hoxe darase outro paso adiante si o pleno da corporación acorda solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a declaración das Brañas de Sada como ENIL e se adopta o compromiso formal de pór en practica medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan dita declaración.
A proposta sinala ademais que se elaborará un plan de conservación e de uso público do espazo natural das Brañas.