Sada busca a integración socio-laboral a través da formación de brigadas medioambientais

11 / XUL / 2016

Sada busca a integración socio-laboral a través da formación de brigadas medioambientais

- A actuación se enmarca no Plan Coordinador de servizos sociais do Consorcio As Mariñas e o Concello de Sada e ten como obxectivo contribuir á integración social e laboral de colectivos con especiais dificultades para atopar e manter un posto de traballo.

-Desde o pasado venres as brigadas veñen traballando en distintos espazos públicos do concello.

 

Sada, 11 xullo 2016.

O concello de Sada e o Consorcio As Mariñas asinaron recentemente un convenio para a formación dunha brigada medioambiental formada por persoas con discapcidade co obxectivo de  fomentar a inserción laboral dos/as participantes.

O proxecto consiste na formación dun grupo de cinco ou seis persoas en tarefas propias de servizos públicos medio-ambientais. A  formación desenvólvese en actividades de xardinaría e  limpeza en espazos públicos do concello, coa supervisión dunha preparadora laboral.

Os/as alumnos/as reciben agas a formación específica, unha bolsa económica por cada hora de formación e o seguro correspondente.

A actuación se enmarca no Plan Coordinador de servizos sociais do Consorcio As Mariñas e o Concello de Sada e ten como obxectivo contribuir á integración social e laboral de colectivos con especiais dificultades para atopar e manter un posto de traballo.

Arquivado en