-Dotamos de novo peche as pistas do paseo por un máis duradeiro e consistente para unha maior seguridade dos usuarios, sinala Zeltia García
Sada 20 decembro 2018.
A concellaría de Deportes está a levar a cabo a reparación das pistas do paseo marítimo co cambio do cerramento exterior das mesmas.
No día de onte comezaron as obras de remodelación das pistas do paseo marítimo dotando as instalacións municipais de novos equipamentos. Se o pasado ano instalábanse nas pistas novas portarías de fútbol así como novas canastas antivandálicas de baloncesto e ademais procedíase ao pintado da superficie da pista de baloncesto, esta semana comezou a instalarse o novo peche perimetral das pistas polideportivas do Paseo Marítimo.
Desde a concellaría que xestiona Zeltia García está a substituírse o cerramento de malla actual da pista de fútbol por un cerramento Tramex, moito máis duradeiro e consistente, na parte do cerramento que colinda co Paseo Marítimo mentres que na parte que dá aparcadoiro está a repararse a malla electrosoldada danada. Na pista de baloncesto cambiarase o cerramento existente no lado do paseo por un de Tramex mentres que na súa parte traseira realizarase o cambio integral da actual malla metálica. Finalmente na pista de tenis cambiarase o peche existente por outro de malla metálica na súa parte traseira.
Esta actuación supón, ademais da dotación dun novo peche, unha maior seguridade para os usuarios das pistas polideportivas. A diferenza do existente na pista de fútbol ao que se está a colocar é que o novo é moito máis ríxido e non se deteriorará tanto como o anterior que por culpa dos impactos dos balóns presentaba un aspecto deteriorado. A obra que está a realizar a área de Deportes do Concello de Sada conta cun orzamento de 15.000€