SADA CELEBRA A COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN NA RÚA 5X5

26 / ABR / 2024

SADA CELEBRA A COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN NA RÚA 5X5

Sada acollerá do 17 ao 19 de maio a segunda edición do campionato “BALONMÁN NA RÚA 5X5". A rapazada interesada pode inscribir xa o seu equipo

O alcalde, Benito Portela, e a Concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, participaron o pasado 10 de abril na Coruña na presentación do campionato “Balonmán na Rúa”. O rexedor destacou a importante aposta do goberno local polo deporte de base. Portela agarda que este campionato sirva para recuperar en Sada o equipo de balonmán que tantas alegrías deu á nosa vila no seu momento. 

A copa 5X5 de balonmán que organiza a Deputación da Coruña celebrarase en Sada do 17 ao 19 de maio. Na primeira edición deste campionato participaron máis de 1.600 rapaces e, sobre todo, rapazas. 

A mocidade sadense poderá participar nesta competición, xa que o obxectivo é achegar este deporte á toda a cidadanía, especialmente a nenos e nenas. 

AS FINAIS DO DOMINGO SERÁN RETRANSMITIDAS POLA CANLE DE YOUTUBE DA FEDERACION GALEGA DE BALONMÁN

 

INSCRIBE AO TEU EQUIPO AQUÍ

A través deste formulario procédese á inscrición dos equipos para as diferentes probas da Copa Balonmán 5x5 Deputación da Coruña 2024. 

SE PARTICIPAS RECIBIRÁS UNHA EQUIPACIÓN DE AGASALLO E DESFRUTARÁS DE AGASALLOS

Equipos: Entre 5 e 8 integrantes, mixtos.

Obrigatorio: Responsable do equipo maior de 16 anos.

Prezo: Gratuíto.

Categoría 1: 2012 /2013

Categoría 2: 2014/2015/2016

Os equipos xogarán nunha das franxas escollidas (último punto do formulario) sempre e cando queden ocos libres (por orde de inscrición). As franxas de xogo son: 

Venres tarde - Sábado mañá - Sábado tarde

O domingo de mañá celebraranse as eliminatorias e finais para os equipos clasificados, xunto coa entrega de trofeos para os mellores clasificados. 

 

Consultas e máis información: c.tecnica@fgbalonman.com - 986410618 / 670892328 

DESPOIS DE CUBRIR O FURMULARIO, CHAMAREMOSVOS PARA CONFIRMAR A INSCRICIÓN

 

Arquivado en