-A festa de exaltación deste molusco cefalópodo celebrarase o fin de semana do 27 ao 29 de maio en 32 establecementos hostaleiros sadenses.
- A concellaría de Promoción Económica, Turismo E Medio Ambiente, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, repartirá gratuitamente entre os locais participantes 600 quilogramos de xiba.
-A degustación de tapas de Xiba nos locais participantes será gratuíta e se elaborarán na súa maneira tradicional pero tamén en tosta, rebozada, con fabas ou en mini-burguer.
- Bases VII Certame Festa da Xiba
Sada 25 abril 2016.
Fiel á súa cita desde o ano 2009 o último fin de semana do mes de maio celebrarase a VII Festa da Xiba de Sada.
Un total de 32 establecementos hostaleiros do termo municipal paraticiparán nunha ruta gastronómica "á que sumaranse outras nas que se está traballando e coas que se agarda enriquecer e potenciar á oferta hostaleira de Sada" sinala o concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Xosé Lois Suárez Becerra.
A concellaría repartirá gratuitamente un total de 600 quilogramos deste cefalópodo entre os locais apuntados a esta festa gastronómica que xunto coa sardiñada do mes de agosto representan as citas gastronómicas máis importantes de Sada.
Desde a concellaría de Promoción Económica agradecen á confraría de Sada a colaboración prestada e animan a todos os veciños e visitantes a degustar un dos produtos máis singulares da nosa zona que se preparará de numerosas maneiras nesta edición.
Os locais participantes elaborarán tapas que repartirán de maneira gratuíta durante o fin de semana que dura a festa gastronómica. Entre as propostas que presentan os locais moitas son realizadas na súa maneira tradicional (xiba en tinta, xiba con arroz, xiba con fideos ou xiba en tarteira) pero tamén nesta edición preséntanse novas interpretacións de pratos co cefalópodo como pode ser en tosta, xiba rebozada, xiba con fabas, mini-burguer de xiba ou ceviche de xiba.