Sada celebra a oitava edición da Festa da Xiba con récord de participantes

24 / MAI / 2017

Sada celebra a oitava edición da Festa da Xiba con récord de participantes

- O concelleiro responsable de Promoción Económica e Turismo, o nacionalista Liss Suárez Becerra, destaca precisamente que o que se pretende é “a promoción dun producto que se da na nosa ría, que se prepara de moitísimas formas e que supón a creación de varias rutas de tapeo que acaban percorrendo toda a vila”.

Sada, 24 maio 2017

Esta fin de semana celebrase a oitava edición da Festa da Xiba cun récord de locais participantes e máis de 600 kilos de cefalópodo que estánse a a repartir dende a Concellería de Promoción Económica e Turismo logo de mercala, como todolos anos, á Cofradia de Pescadores de Sada.

O concelleiro responsable de Promoción Económica e Turismo, o nacionalista Liss Suárez Becerra, destaca precisamente que o que se pretende é “a promoción dun producto que se da na nosa ría, que se prepara de moitísimas formas e que supón a creación de varias rutas de tapeo que acaban percorrendo toda a vila”.

As bases de participación da Festa da Xiba 2017, que terá lugar do 26 ao 28 de maio en 35 locais de hostelería de Sada, están publicadas na web municipal e os locais están recibindo as urnas e os folletos cos recorridos e os selos que teñen que ter para votar a súa tapa de xiba favorita. Cada establecemento hosteleiro participante poderá presentar unha tapa ao concurso, sendo esta totalmente gratuita previa consumición no local.

Neste ano o xurado profesional está formado por Sonia Molero, diplomada en Turismo, experta en turismo enolóxico e gastronómico e xerente e sumiller da consultoría Uvepositivo; Ana Salorio, deseñadora de interiores, cociñeira profesional, chef a domicilio e xestora dun blog de cocina y gastronomía chamado unacocinaconvistas.blogspot.com;  José Antonio Domínguez, bloguero enamorado da boa mesa e de viaxar como podese comprobar na súa web www.rutasyrestaurantes.com, páxina de refencia para a difusión da gastronomía galega; Fernando Rodríguez Sánchez, dietista e graduado en Nutrición Humana e Coach; e por último Carlos Rodríguez, repostero e panadero da Panaderia Carnoedo. 

Dende a Concelleria de Promoción Económica se destaca que “ten a intención de alcanzar e mesmo superar as máis de tres mil persoas que visitaron Sada co gallo do Touliña Pop, do Día da Troula ou da Feria Vintage o que sumado ás máis de 20 mil visualizacións dos eventos na páxina do facebook  de turismo acadan unha difusión, promoción e información inédita en canto a programación e servizos que Sada ofrece”.

O sábado, 27, ás 19:30 horas haberá una actuación da Orquestra Tombalobos na carpa instalada na Praza Irmáns Suárez Picallo que dará maior animación a unha fin de semana na que a Xiba será a grande protagonista.

Arquivado en