Terá lugar nesta última fin de semana de xullo, con actividades o venres 26, sábado 27 e domingo 28. Dende o goberno local animamos á veciñanza, comerciantes e visitantes a vestirse coas súas mellores galas modernistas para celebrar esta festa
Este próximo fin de semana, entre os días 26 e 28 de xullo, o Concello de Sada organiza a décimo terceira edición da Feira Modernista, un evento que xa se consolidou como unha cita ineludible no calendario cultural e festivo da nosa localidade. Como todos os anos, o epicentro deste evento serán os xardíns do paseo marítimo, na contorna do edificio da Terraza. Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán gozar dunha programación variada e rica en actividades culturais e de lecer.
O inicio oficial da Feira Modernista terá lugar ás 17h do venres coa apertura do Mercado Modernista, que contará cunha coctelería e postos variados nos que mercar produtos de época. Unha parte fundamental desta feira é a música e o baile. Durante toda a fin de semana, os asistentes poderán gozar de espectáculos de baile e animación musical de rúa que engadirán un toque festivo e colorido á feira. Polas noites, pecharán a xornada as bandas Gallaecia Small Band, Whateever Jazz Band, Potato Head Jazz Band e Tropical Jazz Band pecharán. Por outra banda, na mañá do sábado poderemos desfrutar da sempre animada proposta escénica da Escola de Baile Carmen López. Ademais, nas tardes do sábado e domingo haberá distintos espectáculos de clown e maxia para o público familiar.
Entre as actividades programadas para o domingo destaca unha que de seguro animará a moitos veciños a achegarse ata a praia das Delicias: o bautismo en globo aerostático. O Concello recupera esta actividade que tanta expectación causou noutras edicións e que complementa ó carrusel instalado xa ó carón do río Maior para desfrute dos máis pequenos. Outro dos momentos máis destacados da Feira Modernista ano tras ano e o xa tradicional pícnic do domingo, que este ano vira precedido dunha sesión vermú amenizado polo grupo Le Barluthier.
A Feira Modernista de Sada tamén é un momento único para poñer en valor o noso patrimonio. Por iso o Concello programa ás 19h do venres na Capela de San Roque unha conferencia sobre arquitectura modernista a cargo do arquitecto Alberto Valcárcel, quen tamén dirixirá as dúas rutas didácticas programadas para o sábado ás 12h (saída dende a Terraza) e 18h (saída dende a Casa da Cultura) coas que poderemos coñecer un pouco máis acerca do impacto que tivo na nosa vila o movemento modernista dende o punto de vista arquitectónico.
Dende o Concello de Sada queremos destacar que a XIII Feira Modernista de Sada é posible grazas á implicación activa da veciñanza e comercios de Sada que cada ano se suman a esta celebración. É por iso que animamos a todas as persoas a recuperar as vestimentas da época; preparar puchos, tirantes, collares e paxariñas achegándose ata o comercio local para preparar esta festa que xa é unha icona do noso municipio.
PROGRAMA FEIRA MODERNISTA 2024
VENRES 26 DE XULLO
17:00 - Apertura do Mercado Modernista
17:00 - 1º Pase ambientación musical no Mercado Modernista a cargo dos Dixie Kings
18:00 a 21:00 - Xogos tradicionais para toda a familia (xardíns na contorna da Terraza)
18:30 - 2º Pase ambientación musical no Mercado Modernista a cargo dos Dixie Kings
19:00 - Conferencia sobre arquitectura modernista a cargo de Alberto Valcárcel (Capela de San Roque)
22:00 - Concerto Gallaecia Small Band (escenario principal detrás da Terraza)
SÁBADO 27 DE XULLO
12:00 a 23:00 - Mercado Modernista
12:00 - 1ª Ruta didáctica guiada: arquitectura modernista en Sada. Dirixida por Alberto Valcárcel. Saída da praza do edificio modernista La Terraza –sen inscrición previa
13:00 - Espectáculo de danza a cargo da Escola de Baile Carmen López (escenario principal detrás da Terraza)
18:00 - 2ª Ruta didáctica guiada: arquitectura modernista en Sada. Dirixida por Alberto Valcárcel. Saída da Casa da Cultura -sen inscrición previa19:00 - Espectáculo de clown a cargo de Circanelo (xardíns na contorna da Terraza)
19:00 – Pasarrúas musical coas bandas Potato Head e Whatever Jazz Band (por diversas rúas con remate no bulevar da Avenida da Mariña)
20:00 – Audiovisuais de cine da Asociación Nacional de Entidades Modernistas -ANEM- (Capela de San Roque)
22:00 - Concerto Whatever Jazz Band (escenario principal detrás da Terraza)
00:00 - Concerto Potato Head Jazz Band (escenario principal detrás da Terraza)
DOMINGO 28 DE XULLO
12:00 a 22:00 - Mercado Modernista
12:00 a 14:00 - Ruta de vehículos históricos polas rúas de Sada. Asociación Veteran Car.
13:00 - Sesión vermú con Le Barluthier (xardíns na contorna da Terraza)
14:00 - Picnic popular (xardíns na contorna da Terraza)
14:00 a 17:00 - Exposición vehículos históricos (praza detrás da Terraza)
17:00 a 18:00 - Ruta de vehículos históricos polas rúas de Sada. Asociación Veteran Car
18:30 – Pasarrúas musical coas bandas Potato Head e Tropical Jazz Band (contorna Carrusel Modernista)
19:00 - Espectáculo de maxia “O camiño do afiador” co Mago Teto (xardíns na contorna da Terraza)
19:00 a 21:00 - Bautismo aéreo en globo aerostático na praia das Delicias (imprescindible vestimenta modernista)
21:30 - Concerto Tropical Jazz Band (escenario principal detrás da Terraza)
23:00 - Jam session fin de feira con Tropical Moon + Potato Head + Whatever Jazz Band