Sada celebra en maio a VII Festa da Xiba

28 / MAR / 2016

Sada celebra en maio a VII Festa da Xiba

- A Concellalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, organiza unha reunión cos hostaleiros e o tecido asociativo de Sada hoxe luns 28 de marzo as 12:30 horas na  OMIX, para dar a coñecer as actuacións que se levarán a cabo na Festa da Xiba. 

Sada, 28 marzo 2016

Con motivo da celebración da VII Festa da Xiba, prevista para o mes de maio, a Concellalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, organizará unha reunión cos hostaleiros e o tecido asociativo de Sada hoxe luns para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto a dito evento, e ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as propostas dos mesmos.

Segundo explica o concelleiro de Turismo, Liss Becerra, a Festa da Xiba, e unha das citas máis importantes dentro da gastronomía local, e forma ademáis un elemento diferenciador dentro do panorama culinario da comarca, no que se pretende promover un producto típico da ría no que traballa un número considerable de mariñeiros sadenses, e cumprir cos obxectivos de revitalizar a restauración, a elaboración e venda do produto, e combatir a desestacionalización no municipio poñendo en valor os elementos gastronómicos que definen a Sada coma un dos principais destinos turísticos da comarca.

Agradece ademais, a inestimable colaboración coa Cofradía de Pescadores, Reserva da Biosfera Mariñas-Betanzos e o Grupo de Acción Costeira golfo Ártabro, e invita a participar a todo o tecido hostaleiro de Sada.

Os locais interesados en participar no evento, deberán poñerse en contacto a través do teléfono do Concello – 981 620 075 Ext. 264, na O.M.I.T. – 698 169 598 ou a través do correo electronico: oficinadeturismo@concellodesada.com 

Arquivado en