Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

12 / FEB / 2019

Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

O fin de semana do 16 e 17 de marzo a Camelia será novamente protagonista en Sada. A aposta da concellería de Promoción Económica e Medio Ambiente é ter mais e mais expositores locais tanto do propio concello sadense coma dos limítrofes agardando superar o número destes fronte aos do ano pasado.

Sada, 12 febreiro 2019

A Casa da Cultura Pintor Lloréns é o lugar escollido para esta mostra dado a súa amplitude, a luz natural que aporta e as facilidades para a carga e descarga dos expositores.

O cartaz deste ano pertence ao sadense Eduardo Ramallo quen recrea unha lámina botánica para homenaxear a esta flor tan apegada a nosa tradición, a nosa cultura.

Neste terceira edición un grupo de veciños que participa nun curso de fotografía que se fai na casa do pobo de O Castro fará unha quedada para fotografiar a exposición coa intención de poder facer, o vindeiro ano, unha mostra desas fotografías.

O 4 de marzo, ás 14:00 horas, se pechará a inscrición nesta mostra que é de balde e que conta coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña a través do Pazo de Mariñán e da Sociedad Española de la Camelia. As persoas interesada en participar como expositores poden inscribirse ben por teléfono no número 981 620 075 (Extensión 264) ou por correo electrónico no enderezo turismo@sada.gal achegando o nome, enderezo, e contacto. Por motivos de espazo terán prioridade as persoas inscritas que sexan da área de As Mariñas Coruñesas.

 

Arquivado en