O Concello de Sada e o Club de Atletismo Sada organizan a X Carreira da Auga UNICEF Sada na que toda a recaudación irá destinada ao Programa de Auga e Saneamento (WASH) de Unicef en Níxer
INSCRÍBETE PREMENDO AQUÍ
O domingo 8 de outubro terá lugar unha nova edición da Carreira da Auga que cada ano organizan conxuntamente o Concello de Sada e o Club de Atletismo da localidade.
Con saída desde o Paseo Marítimo xunto a Casa da Cultura Pintor Llorents, a organización dispón de distintas carreiras por categorías, competicións para nenos de diferentes distancias e dúas Andainas, unha longa de 11 km. e outra curta de 3 km aproximadamente.
As inscricións de máster, sénior, sub23, sub20, sub18, sub16, sub14, sub12, sub10 e sub8 realizaranse exclusivamente en: www.championchipnorte.com Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, as inscricións terán un donativo que será doado integramente a UNICEF. As persoas interesadas poderán inscribirse o ata día da proba na carpa habilitada a tal efecto ata media hora antes da carreira ou ata finalizar as existencias de dorsais. Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos adicionais desde 1 a 50 €, sempre a favor da causa de UNICEF.
A organización disporá a metade de percorrido, no km 5 aproximadamente, un posto de avituallamento onde se repartirán augas e ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal de Sada. A proba contará co apoio de Policía Local de Sada, así como de voluntarios do Club Atletismo Sada.
A X Carrera da Auga de Sada entregará trofeo para os 3 primeiros clasificados absolutos da carreira de 10 km masculino e feminino. Recibirán ademáis trofeo/medallas os primeiros clasificados do municipio de Sada, masculino e feminino.
A Carreira da Auga de Sada é unha carreira solidaria na que toda a recaudación irá destinada a programas de Unicef en Níxer. As cantidade achegada nas inscricións por todos os participantes nesta décima edición da Carreira da Auga permitirá, a través do Programa de Auga e Saneamento (WASH) de Unicef en Níxer, a construción de bloques de letrinas separadas para nenos e nenas, incluído un sistema para o lavado de mans, ou ben, a instalación dun sistema de subministración de auga potable para escolas de Níxer.
O que busca a organización con este programa é protexer a saúde dos estudiantes, incrementar as tasas de matriculación e tamén a permanencia na escola. Además, benefician ao resto de comunidade, xa que acercan os puntos de acceso ao agua potable.