17 / ABR / 2023
A concellaría de Educación, xestionada por Sergio García celebrará o vindeiro sábado 22 de abril o Día do Libro 20123 con actividades de lecer adicadas á literatura.
Diferentes persoeiros literarios, recoñecibles mundialmente, percorrerán as rúas e prazas do centro urbano interactuando cos veciños e veciñas de Sada entre as 11:30 a 13:30 horas do vindeiro sábado 22 de abril “visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas e para celebrar o Día do Libro 2023".
Catro persoeiros recoñecidos da literarura universal percorrerán o parque infantil de As Brañas, a Praza de España, a zona da Casa da Cultura e a praza da Peixeiría.
“A actividade prográmase para que a cidadanía de Sada pase unha mañá divertida na víspera do Día do Libro, sinala o concelleiro de Educación, enchedo as rúas de Sada con persoeiros da literatura universal”