Sada celebra o Día Internacional do Libro Infantil con numerosas actividades

02 / ABR / 2019

Sada celebra o Día Internacional do Libro Infantil con numerosas actividades

O Concello de Sada, a través da Biblioteca Municipal, organiza diversas actividades para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil nas que convidan a participar aos veciños e veciñas de Sada.

- Martes 2 de abril:

Durante todo o día, as persoas que leven préstamos da Biblioteca recibirán de agasallo un libro infantil ou xuvenil. 

 - Xoves 4 de abril de 17:00 a 19:00

«Aprende a ler con Nora»: obradoiro de lectura asistida con cans para nenas e nenos de 5 a 11 anos. 7 prazas. Inscricións en liña e na Biblioteca.

Venres 5 de abril de 19:30 a 20:30

Charla de Montse Pena Presas, autora do libro Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Colaboran AC Irmáns Suárez Picallo e Concellería de Benestar Social e Igualdade. Entrada libre ata completar aforo.

Ata o mércores 10 de abril 

Concurso «Selfie LIX», convocado pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, para todas as lectoras e lectores que estean a cursar primaria ou o primeiro ciclo de secundaria. A data límite para a entrega dos traballos é o mércores 10 de abril ás 14:00 horas. É obrigatorio cubrir a ficha de participación. Consulta as bases do concurso e anímate a participar!

Bases concurso

Folla inscrición no concurso Selfie LIX

 

 

Arquivado en