Sada programa la tradicional fiesta de San Juán con música, su famosa sardiñada y fuegos de artificio para la noche más corta. A partir de las 19:00 del 23 de junio en el área del Curruncho se podrán degustar hasta un total de 1.000 kg. de sardinas, repartidas en raciones de media docena de sardinas, taza conmemorativa, pan de pan de brona y bebida a escoger entre botella de vino, agua o refresco, todo por un precio de 7€. Para animar esta celebración los grupos de música tradicional del municipio estarán tocando y bailando en la zona de la Playa de las Delicias durante toda la jornada. A las 00:00 se realizará el encendido de las hogueras acompañado de una sesión de fuegos de artificio para posteriormente dar paso a la sesión Dj que rematará de madrugada.
Horarios para las lumeiradas de San Xoan
Están autorizadas as lumeiradas nos areais. O horario para deixar o material para a realización das lumaradas na Praia das Delicias e Praia Nova será a partir das 19:00 horas do día 23 de xuño, na procura de compatibilizar o uso habitual do areal coa celebración da festa de San Xoán. Os areais (Praia Nova, Praia das Delicias , Praia de Cirro, Praia de San Pedro, Praia de Morazón e Praia de Arnela) deberán quedar libres ás 06:00 horas do día 24 de xuño para que a concesionaria responsable do servizo de limpeza poida levar a acabo as actuacións necesarias para habilitar ditos espazos para o seu uso común. Ante calquera urxencia que poida xurdir, os servizos de seguridade e emerxencias poden ordenar a evacuación obrigatoria antes desa hora, baseándose en criterios de seguridade persoal e protección ambiental. Prohíbese o baño nas praias do termo municipal desde as 22.00 horas do 23 de xuño ata as 9:00 horas do 24 de xuño.
Condicións para a realización das lumaradas na noite de San Xoán
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumeiradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 21 de xuño ás 14:00 horas. Tamén será de obrigado cumprimento a notificación daquelas lumeiradas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio. Na notificación, en ambos casos, deberá indicarse o nome do propietario/a da casa/finca, ou o responsable da realización da cacharela, o seu DNI e o enderezo postal do lugar de celebración da cacharela. Os organizadores das lumeiradas en espazos privados, deberán coidar os arredores e coñecer os teléfonos aos que chamar no caso de xurdir algunha incidencia: 112 e Tlf. SEM 607 43 84 57. Deberase vixiar permanentemente o lume, incluso se hai brasas. Débese contar cos medios (auga suficiente) para controlar o lume. O Concello de Sada dispón dun modelo indicativo de comunicación para ambos casos
Por un San Xoán máis sostible
Non está permitido tanto en espazos públicos coma privados, o uso de combustibles líquidos nin de acelerantes nas lumaradas. Así mesmo está prohibido a queima e o acceso ás praias de cauchos, rodas, colchóns, madeira lacada, gomaespuma, e outros obxectos que poidan producir gases tóxicos no entorno así como mobles, sofás, obxectos voluminosos e madeiras que leven puntas ou cravos como palés ou caixas. Desde o Concello de Sada faise unha chamada á responsabilidade e ao respecto ao medioambiente. Debemos desfrutar da noite de San Xoán nos espazos libres pero tamén deben quedar os areais libres de calquera obxecto contaminante ou perigoso para a saúde unha vez rematada a festa.
Neste sentido o Concello de Sada habilitará unha zona na Praia das Delicias onde se dispensará gratuitamente a madeira necesaria para facer as lumieradas. As persoas interesadas poderán retirar esta madeira exclusivamente para a organización de lumeiradas na Praia das Delicias. Non será necesario realizar unha solicitude previa.
As lumeiradas non poderán ter unha altura superior á que determinen os servizos de seguridade e de emerxencias municipais e que calcularase en función da proximidade a zonas perigosas, a distancia ao arboredo ou edificios e da seguridade que estimen desde os servizos de emerxencia municipal. Queda terminantemente prohibido prender lumeiradas na zona de mesas e arboreda do Curruncho, así coma en calquera outro espazo verde.
Non está permitido a solta de globos de papel, faroliños chinos, voadores ou similares cuxo medio de ascensión sexa con lume. Tampouco está permitido acceder aos areais das praias do termo municipal con vidro. Os residuos depositaranse nas zonas de recollida habilitadas para tal fin nos accesos ás praias. Queda totalmente prohibido trasladar material para as fogueiras en contedores de lixo.
O Concello de Sada fai un chamamento para a celebración dunha noite máxica, chea de ledicia, respecto, tolerancia e boa convivencia polo que agradece a alerta aos corpos de seguridade ante calquera manifestación que vulnere a liberdade ou o gozo da persoas atendendo especialmente as violencias machistas, LGTBQI fobias, racistas ou xenófobas.