21 / ABR / 2023
250 escolares do CEIP "Sada e Contonos" e Mosteirón así como dos institutos Isaac Díaz Pardo e Mosteirón participarán nesta xornada que terá lugar no Paseo Marítimo entre as 10:30 e as 13:00 hora do próximo mércores
Os centros escolares de Sada y Contornos, Mosteirón e Isaac Díaz Pardo participarán o vindeiro mércores 26 de abril no Día da Educación Física na Rúa
De 10:30 a 13:00 horas arredor de 250 escolares realizaran diversas actividades relacionadas coa educación física nas Pistas Polideportivas e na praza Irmáns Suárez Picallo.
Neste evento colabora o Concello de Sada xunto co Club Atletismo Sada, o Club Taekwondo Sada e a escola de baile e danza Carmen López
O Día da Educación Física na Rúa naceu co fin de expor á sociedade os beneficios da materia, dándolle visibilidade en espazos públicos, e mostrando que é a materia, unha Educación Física actual para todas e todos.