Sada colabora co Camiño da Diversidade

28 / AGO / 2017

Sada colabora co Camiño da Diversidade

O Concello de Sada a través da concellaría de Benestar, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, colabora na terceira edición do CAMIÑO DA DIVERSIDADE, unha actividade educativa e de lecer que organiza a Fundación INGADA para o día 16 de Setembro de 2017, e ten como fin potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respecto e vida saudable.

A idea desta marcha é compartir o día “con todos aqueles que teñades puntos de interese en común connosco ou que creades que, na diversidade, atópase a riqueza das persoas” sinalan desde INGADA, asociación de persoas nais e pais de nenos e nenas con TDAH, trastorno por déficit de atención con hiperactividade.

Manifiesto da Diversidade

Inscripción

Concurso de Selfies

Sada 28 agosto 2017

O Camiño da Diversidade consistirtá nunha etapa do Camiño de Santiago (desde A Escravitude ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, un 19 km) compartindo actividades e experiencias. Trátase da última etapa da Ruta Portuguesa.

Desde a concellaría de Benestar animan aos veciños e veciñas de Sada a participar nesta actividade. “O obxectivo principal da marcha, sinala Isabel Reimundez, é chamar a atención á conciencia cidadá para respectar a diversidade de cada un, sen exclusión, e fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan”.

III Camiño da Diversidade (A Escravitude-Praza Obradoiro)

a) Prezo: 9 Euros. Inclúe viaxe en autobús (ida e volta) + seguro de accidentes. Situación especial: Peregrinos de Santiago. A inscrición son 5 euros (viaxe de ida) + seguro de accidentes.

b) Enviar un correo a ingadanatureclub@gmail.com coa ficha de inscrición debidamente cumprimentada e asinada + copia de transferencia á seguinte conta bancaria: E63 2080 5480 9330 4012 9217. Concepto: III Camiño da Diversidade

Cada persoa pode levar a súa comida e algo para compartir. Opcionalmente poderase solicitar reserva de comida. O importe ingresarase conxuntamente coa inscrición.

Menú 1: bocadillo + bebida-3 euros

Menú 2: sándwich + bebida-2 euros

Data Límite de Inscrición: 30 de Agosto. Rógase realizar a inscrición con antelación suficiente para facilitar unha correcta organización.

Arquivado en