Sada Comercio 2020

09 / MAR / 2020

Sada Comercio 2020

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego anunciase a apertura do prazo de inscrición para a participación no Sada Comercio 2020, evento que terá lugar entre os días 28 e 29 de marzo na Praza Irmáns Suárez Picallo, no entorno do paseo marítimo de Sada.

Bases Sada Comercio 2020

Solicitude de participación

A feira de oportunidades organizada polo Concello de Sada está dirixida ao texido empresarial sadense que ofrecerá os seus productos de fín de tempada con importantes ofertas e descontos.

O comercio é unha das principais actividades económicas de Sada, que conta cun dos centros abertos máis destacados da área da Coruña. Alén da súa capacidade de xerar emprego, Laura Rodríguez, Concelleira da área, destaca a súa importancia como elemento de dinamización social e urbana, convertendo ao comercio de proximidade nun activo a considerar e preservar.

Desde os comercios agardan repetir o éxito de ventas de edicións anteriores e pola súa parte anuncian que responderán a esa fidelidade co sorteo de productos aportados polos establecementos.

Participación en Sada Comercio

Os participantes poderán solicitar ata dous postos por persoa física ou xurídica (debendo aboar doblemente a tasa, nese caso); no caso de que as solicitudes superen o número máximo de postos habilitados, o segundo posto solicitado concederase por sorteo entre os solicitantes.

As instancias solicitando tomar parte na Feira Sada Comercio 2020 presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica de Sada (sada.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo para presentar as solicitudes será do 9 ó 13 de marzo de 2020, ambos inclusive (en horario de 09:00 a 14:00 horas, no caso de presentar á solicitude no Rexistro do Concello de Sada).

A ficha de inscripción pode descargarse nesta web ou recollerse no Rexistro do Concello no horario anteriormente indicado. As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto con fotocopia do DNI e o recibo do pago das taxas

Arquivado en