10 / XUL / 2020
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada programa para os vindeiros 8 e 9 de agosto Sada Comercio 2020 e abre o prazo de solicitude de participación na feira.
Bases e solicitude para a feira de Sada Comercio
Sada 10 xullo 2020
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada abre hoxe venres 10 de xullo o prazo para participar na Feira de Comercio local 2020 que se celebrará os días 8 e 9 de agosto na praza situada detrás da Terraza.
A feira programada inicialmente para marzo foi adiada por mor da declaración do Estado de Alarma. Os comercios ou locais de hostalaria interesados en participar deberán presentar a súa solicitude no Concello nos vindeiros 10 días hábiles.