Sada comeza a reforma as dúas marxes da avenida República Argentina

17 / SEP / 2018

Sada comeza a reforma as dúas marxes da avenida República Argentina

O Concello de Sada xa comezou as obras de pavimentación beirarrúa e mellora de servizos afectados no tramo esquerdo da Avda. República Arxentina e a semana que ven adxudicará as obras do marxe dereito da avenida que comezarán cando rematen as obras actuais.

Sada 7 setembro 2018.

O Concello de Sada comezou a obra de pavimentación de beirarrúas e mellora dos servizos afectados no tramo esquerdo da Avenida República Arxentina, actuación adxudicada á empresa Escavacións e Obras Candal S.L, por un importe de 85.062,09€, que o goberno municipal financia con cargo ao remanente de tesorería.

A concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, previu obras de pavimentación das beirarrúas e servizos de residuais e pluviais entre a edificación sita no nº 13 ata o nº 53, o tramo que discorre desde o cruzamento da avenida República Arxentina coa rúa da Obra ata practicamente o límite co Concello de Bergondo, pasando a gasolineira. O proxecto contempla a instalación, onde se precise, de nova canalización para substituír a actual de distribución de auga e a colocación de pavimento idéntico ao que se está colocando en Sada na zona peonil.

A Avenida República Arxentina tamén será obxecto de obras de pavimentación e mellora dos servizos a través doutro proxecto financiado polo Plan Único con 47.464€. O Concello de Sada xa ten rematado o expediente de contratación da obra de mellora da marxe dereita da avenida, tramo que vai desde a edificación sita no nº 24 ata o nº 50, e adjxdicará en breve a actuación que comezará cando rematen as obras actuais.

As obras da marxe dereita  consistirán na demolición e pavimentado das beirarrúas e zonas de tránsito que se dotarán de novo pavimento de granito. Paralelamente, crearase unha canalización para as augas pluviais, xa que na actualidade carece deste servizo básico, que estará conectada coas bajantes das cubertas dos edificios. O proxecto contempla tamén revisar e acometer outras melloras nas infraestruturas da rede de abastecemento e saneamento.

 

 

Arquivado en