Sada congratúlase da decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

29 / XUN / 2023

Sada congratúlase da decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

O pleno da corporación aprobara, de maneira unánime, unha moción presentada en marzo de 2022 polos grupos que conformaban o goberno municipal na que se solicitaba á RAG o adicar o Día das Letras Galegas á figura de Luisa Villalta. Para dar cumprimento ao acordo plenario, o alcalde Benito Portela e, as daquela concelleiras de Normalización Lingüística e Cultura, Marisa Rúa e Paola Mondaca, mantiñan unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega na que lle trasladaban o acordo da corporación que hoxe se viu cumprido.

Esta mañá o Alcalde de Sada, Benito Portela, en nome do Concello de Sada, manifestaba a súa ledicia  ao coñecer a decisión da Real Academia Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta.

 Neste sentido, Portela destacaba o recoñecemento a unha das “autoras imprescindibles da literatura galega do último cuarto do século XX”, e sinalaba, tamén, o feito de que a súa figura superaba o ámbito estritamente literario, poñéndoa como exemplo de muller  que mantivo un compromiso activo ao longo de toda a súa vida: “Non se pode entender a personalidade de Luisa Villalta sen valorar na súa xusta medida o seu traballo constante e incansable nos campos do feminismo e do activismo social, defendendo sempre causas nobres e xustas como modo de mellorar a nosa sociedade”.

 SOLICITUDE DA CORPORACIÓN SADENSE

 Foi en marzo de 2022 cando o Concello de Sada unía forzas con outras asociacións e movementos culturais que viñan reclamando a persoa e a obra de Luísa Villalta como merecedora de ser recoñecida co Día das Letras Galegas e, neste sentido, e tras aprobar de xeito unánime polo pleno da corporación municipal de Sada unha moción na que se reclamaba tal recoñecemento, o alcalde de Sada e as concelleiras de Cultura e de Normalización Lingüística do Concello de Sada mantiñan en maio de 2022 unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega, para trasladarlle o acordo da corporación sadense.

 O rexedor, Benito Portela, sinalaba naquel momento que a entrevista fora enriquecedora e xirara arredor do 17 de Maio e os motivos da proposta da candidatura de Luisa Villalta como figura a quen lle adicar o Día dás Letras Galegas 2023. E xa avanzaba que “si non se adicaba no 2023 seguramente sería no 2024”.

 

PARABÉNS PARA MONTSE PENA PRESAS

A sesión plenaria desta mañá na real Academia Galega déixanos outra gran nova, co nomeamento como nova académica correspondente da sadense Montse Pena Presas.

Desde o Concello de Sada queremos transmitir os nosos parabéns para Montse Pena, “que non deixa de darnos motivos de orgullo coa súa traxectoria exemplar”.

Arquivado en