-As obras, comezaron coa desgarga de material e valado de seguridade da zona, inclúen ademáis da instalación dos novos elementos de xogo a reparación e renovación do pavimento actual, a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques do termo municipal. Asemesmo se instalará un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo.
Sada, 6 febreiro 2019.
Esta mañá comezaron os traballos de reforma integral do Parque Infantil do Paseo Marítimo que o Concello de Sada adxudicou en 244.451,00€ á empresa Lappset España SL
O novo parque infantil do Paseo Marítimo estará operativo no periodo vacacional de Semana Santa para disfrute dos veciños e veciñas do municipio así como para convertelo nun atractivo para a área metropolitana de A Coruña.
A concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, leva a cabo esta actuación como resposta á elevada demanda dun maior número de xogos, dado que o existente ten moi pouca capacidade en comparación cos usuarios potenciais. “Trátase, sinala Tenreiro, de remodelar o parque existente coa instalación de modernos xogos infantís de diversas temáticas, tipos de exercicio e adaptados a nenos e nenas de distintas idades e capacidades”. O novo parque contará co máis de 30 xogos para idades de 0-14 anos incluida un área central adaptada onde os nenos e nenas poden acceder con silla de rodas.
As prestacións do contrato de servizos comprenden a subministración, montaxe e instalación dunha área de xogos infantís, que ocupe toda a superficie libre da actual zona de xogos, cunha superficie de 996 m2.
Para a adxudicación tívose en conta a calidade e a estética do conxunto da área, que fagan máis atractiva esta zona e melloren a súa integración entre o núcleo urbano e o paseo marítimo de Sada. Esta área de xogos contemplará diversas actividades lúdicas como trepar, escorregar, equilibrio, etc., conformando un espazo atractivo para idades de uso variables. Tamén se tivo en conta na adxudicación o valor didáctico, ademais das súas formas, combinación de cores, versatilidade e funcionalidade, de maneira que se estimule a participación infantil, a socialización, a capacidade de entretemento e a mellora do desenvolvemento físico e cognitivo dos niños. A nova disposición distribuirá todos os elementos de xogo respectando sempre as áreas de seguridade e zonas de paso entre os mesmos.
Neste sentido os elementos de xogo propostos pola empresa licitadora permitirá tanto o xogo individual como o grupal para un número total de arredor de 160 usuarios.
Por outra parte, un mínimo de cinco elementos de xogo, entre eles un carrusel, estarán adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional e/ou sensorial. E polo menos dous destes xogos adaptados serán de uso colectivo.
As prestacións a realizar incluirán a reparación e renovación do pavimento actual, así como a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques do termo municipal.
Asemesmo a empresa adxudicataria instalará un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo. Igualmente instalarase un cartel contendo normas de uso e teléfonos de emerxencia e outra información de interese. Finalmente a licitación inclúe a revisión periodica do parque que haberá de estar inspeccionado e certificado coa fin de que se axuste integramente á lexislación e normativas vixentes.