Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Sada estan a organizar unha programación específica e unha serie de actos baixo o lema “SADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, que terán lugar ao longo do mes de novembro e decembro do presente ano.
Sada 18 outubro
Partindo da premisa de que erradicar a violencia machista é tarea de todos e todas, desde a concellería de Benestar Social e igualdade, xestionada por Isabel reimundez, queren contar cos veciños e veciñas de Sada para un compromiso persoal e de sensibilización social adherindose a unha campaña de concienciación fronte a lacra social da violencia de xénero, intentando o seu abordaxe inicial desde os Concellos e o seu tecido asociativo.
"Queremos alcanzar, sinala Reimundez, todas as esferas e estamentos sociais, culturais, deportivos, etc. E queremos sobre todo involucrar aos xóvenes da nosa vila".
Nese sentido están a buscar xóvenes entre 18 e 30 anos con sensibilidade social que queiran participar nunha dramatización escénica dos feitos que orixinaron o Lazo Branco. A Campaña Lazo Branco lanzouse en Toronto en 1991, de modo que levar o lazo branco significa aceptar o compromiso persoal de non cometer, permitir, nin silenciar a violencia contra as mulleres.
"Vos pedimos, prosegue a concelleira, como asociación/agrupación que transmitades esta información aos xóvenes próximos a vos, para involucralos nunha participación social de concienciación.
O prazo de inscrición remata o 1 de novembro e o contacto para participar no proxecto e o 608484881 (Teléfono ou whasapp) ou sadaennegro@gmail.com