SADA CONVOCA Á HOSTELERÍA A UNHA XUNTANZA PARA PROGRAMAR EVENTOS NOS VINDEIROS MESES

01 / FEB / 2022

SADA CONVOCA Á HOSTELERÍA A UNHA XUNTANZA PARA PROGRAMAR EVENTOS NOS VINDEIROS MESES

A concellería de Promoción Económica convoca á hostalería local o xoves 3 de febreiro ás 11:00 horas tanto presencialmente como vía telemática a quen no poda asistir,.

En previsión á realización dos próximos eventos de cara a promoción da hostalería, desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego convócase ao sector hostaleiro de Sada a unha xuntanza para poñer en común posibles estratexias de difusión e promoción. 

A reunión celebraráse via presencial e tamén vía telemática por videoconferencia o vindeiro xoves 3 de febreiro ás 11:00 horas 

Entre os eventos mais próximos que a concellería de Promoción Económica ten programados estarían o Entroido de Tapas (finais de febreiro), e a Festa da Xiba (do 22 ao 24 abril). Tanto as datas coma outras propostas ou formatos estarán abertas a debate. (Realizar concursos de receitas, campañas en liña, videos promocionais, eventos, etc.).

Desde a Concellería rogan confirmación de asistncia a a quelas persoas interesadas en asistir á devandita reunión a través do grupo de whatsapp de Hostalaría, ou ben por mensaxe privado ao 638421054.

 

Arquivado en