SADA CONVOCA SUBVENCIONES A ENTIDADES PARA LA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURALES

03 / DEC / 2021

SADA CONVOCA SUBVENCIONES A ENTIDADES PARA LA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURALES

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade. O Concello de Sada pretende así achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro para fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, avanza na democratización do acceso da sociedade á cultura e facilita a creación e produción cultural a nivel local.

BASES POLAS QUE DEBE REXERSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, EN RÉXIME DE COMPETENCIA COMPETITIVA PARA O EXERCICIO 2021

Extracto del Decreto de Acaldía 2442/2021, de 26/11/2021, por el que se convocan las subvenciones a entidades para organización de actividades culturales, ejercicio 2021

Anexo I Memoria de actividades 

Anexo II - Memoria responsable

Anexo III - Memoria económica

Modelo de solicitude

O Concello subvencionará os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se encadren na consecución dalgún dos seguintes obxectivos específicos, relacionados co establecido no Plan Estratéxico
de Subvencións (PES) de Sada:

  • Organizar actividades para promover a difusión cultural e a produción cultural a través de calquera das súas manifestacións,artísticas ou divulgativas.
  • Por en marcha iniciativas que impliquen a participación da cidadanía na creación cultural ou no coñecemento e goce das manifestacións culturais.
  • Desenvolver accións que melloren a comunicación entre axentes culturais, así como entre estes e o público en xeral.
  • Impulsar e/ou conservar as nosas tradicións culturais, a través de disciplinas como a música, a danza, o canto, a memoria colectiva, etc.
  • Dar resposta ás demandas sociais en relación á creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación.

Por proxectos entendemos a organización de actividades culturais, formativas (cursos, charlas, actividades de promoción ou recuperación da memoria histórica e as tradicións locais); mostras, certames, exposicións; actividades de fomento das artes literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais ou musicais; edición de publicacións, encontros culturais, eventos de promoción cultural e de conservación das tradicións.

Exclusións

Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de cultura ou que a xuízo da Comisión Avaliadora teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.

Poderán solicitar axudas as asociacións culturais e persoas xurídicas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, no momento da solicitude. No caso de que a información que conste no citado rexistro non estea actualizada, a entidade solicitante deberá completala aportando a información necesaria.
  • Ter como obxecto social a realización de actividades relacionadas directamente cos fins da subvención.
  • Desenvolver as súas actividades no termo municipal.
  • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello de Sada.
  • Non incorrer nalgunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello de Sada.
  • Deberán estar tamén ao día nas súas obrigas legais co persoal que lles preste servizos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO.

  • As entidades interesadas solicitarán a axuda usando os modelos que se atoparán na sede electrónica municipal (sede.sada.gal). A través da sede electrónica deberán presentar cubertos os anexos desta convocatoria, que tamén estarán dispoñibles para descarga na páxina web do Concello de Sada (sada.gal). Ademais disto deberán aportar documentación que xustifique os gastos realizados, relacionados cos gastos subvencionables, recollidos na base 7, ata un importe máximo de 5.000 €. Esta documentación deberá cumprir as condicións sinaladas na base 6.3. A finalidade desta medida é a de acurtar o proceso de tramitación.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles e comezará o primeiro día hábil seguinte ao de publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • As solicitudes serán asinadas pola persoa representante da entidade solicitante.
  • As entidades interesadas deberán presentar as súas solicitudes e a documentación necesaria exclusivamente por medios electrónicos, a través do Rexistro electrónico do Concello de Sada. Tamén serán válidos os medios sinalados no artigo 16.4. da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

MÁIS INFORMACIÓN NAS BASES DA CONVOCATORIA

Arquivado en