Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

07 / FEB / 2020

Sada convoca un concurso en Instagram de fotografía xuvenil do Entroido

A Concellería de Participación Social, Transparencia, Cooperación e Mocidade organiza un concurso fotográfico na rede social Instagram baixo o título #ENTROIDER, dentro das actividades do Entroido 2020 do Concello de Sada.

Sada, 7 febreiro 2020.

Os concursantes deberán presentar fotografías nas que se representa unha escea de Entroido, sendo imprescindible que os protagonistas estén disfrazados para a ocasión, ven de forma individual ou grupal.

A campaña desenvolverase dende o día 21 até o día 29 de febreiro, ambos inclusive.

O Concello de Sada, resérvase o dereito de ampliar ou modificar as datas de concurso se o considera oportuno, publicitando a nova información a través das súas plataformas dixitais.

As persoas que desexen participar deberán cumplir os seguintes requisitos:

  • Ser menores de 30 anos
  • Seguir a @omix.sada coa sua conta persoal en Instagram
  • Subir unha foto ou varias á súa propia conta de Instagram posando co seu disfrace de Entroido e mencionar a un amigo.
  • Poñer o hashtag #ENTROIDER

Dende o perfil @omix.sada, e mentres que o concurso esté aberto, irán reposteándose as fotos das persoas participantes, xunto coa descrición enviada. En caso de que cheguen unha gran cantidade de imaxes, poderá realizarse unha selección para repostear.

 

As fotografías participantes serán da autoría do usuario/a que as publique e a efectos de dereitos de propiedade intelectual. Non deberán en ningún caso infrinxir dereitos de terceros.

Para a selección dos gañadores/as farase un sorteo entre todas as persoas que concursen.

O sorteo terá lugar o día 3 de marzo ás 12.00h. Inmediatamente comunicarase o resultado a través da web municipal e os perfís das redes sociais municipais. Comprobarase que as fotos gañadoras cumplen cos requisitos especificados nestas bases.

En total serán 5 fotos gañadoras, seleccionaranse suplentes para evitar que os premios queden desertos. As persoas ás que correspondan os perfís nos que se colguen as fotografías deberán enviar unha mensaxe privada á @omix.sada indicando os seus datos persoais (nome completo, DNI, idade e teléfono) nun prazo máximo de 48 horas dende que se comunique os gañadores.

Premios:

  • 1º premio: Tv 24” Smart
  • 2º premio: Auriculares botón Wireless Earphones
  • 3º premio: Reloj intelixente Smartwatch Amazfit

Os autores das fotografías participantes cederán de forma voluntaria ao Concello de Sada en exclusiva os dereitos de reproducción das mesmas.

 

Arquivado en