O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, pon a disposición de todas aquelas persoas do municipio que traballen nas artes escénicas, danza, escultura, música, literatura, fotografía ou calquera outra disciplina artística, o Catálogo de Artistas co obxectivo de recoller información do noso tecido artístico, potencialo e poñelo en valor.
Formulario para inscribirse no Catálogo de Artistas locais
Sada, 13 abril 2021.
Esta base de datos, que terá un apartado propio na web municipal, permitirá facilitar o contacto directo con eles/as, xerar sinerxías, promover e difundir os seus traballos, programar actividades que fortalezan o desenvolvemento cultural da vila á vez que desde o Concello de Sada se apoia a un sector bastante afectado pola crise sanitaria do Covid19.
Asemade, o Catálogo de Artistas locais é un instrumento dixital que permitirá ao municipio a acceder a información detallada de cada artista sadense, permitindo recoñecer a súa labor, quen son as embaixadoras e embaixadores culturais da nosa comunidade e invitando á participar a nosa cidadanía a comprometerse e apoiar a cultura.
Se queres formar parte deste catálogo cumplimenta o seguinte formulario.
Tamén podes compartir o formulario entre as persoas que coñeces e que creas que poden estar interesadas.