Sada da comezo ao curso de redeiras co obxetivo de contribuir á regulación e visivilización da profesión e facilitar alternativas de emprego dentro do sector pesqueiro.
Sada, 18 de diciembre 2019.
O pasado luns deu comezo no IES Isaac Diaz Pardo de Sada o Curso de Confección e mantemento de artes e aparellos orzanizada polo Concello de Sada en colaboración do Grupo de Acción pesqueira do Golfo Ártabro Sur co obxetivo de contribuir á regulación e visivilización da profesión das redeiras, loitar contra o intrusismo laboral e facilitar alternativas de emprego dentro do sector pesqueiro.
Galicia ten o maior número de redeiras de todo o territorio español, sendo un colectivo formado no 99% por mulleres que desempeña de modo artesanal a súa actividade e constitúe un traballo imprescindible para a pesca e para o sector.
“A diferencia doutros cursos ofertados con anterioridade sobre a mesma materia, esta actividade formativa vai encamiñada a obtención do certificado de profesionalidade coa intención de que ás mulleres á que vai destinada preferentemente a acción teñan a posibilidade de traballar de forma autónoma ou cooperativa congarantías, mellorando a súa situación económica e laboral, eliminar a fenda salarial entre distintos subsectores dedicados á confección e conservación de redes e aparellos de pesca e contribuir en definitiva a acadar un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do noso territorio” afirma Laura Rodríguez, Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada.