Un ano máis, desde a área de Igualdade do Concello de Sada queremos visibilizar o noso rexeitamento ante as diferentes violencias machistas. Animámosvos a todos e a todas a tomar parte nesta iniciativa e a dicir NON Á VIOLENCIA MACHISTA!
A Concellaría de Benestar fixo un deseño de máscaras violetas "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO", que se lles entregarán ás entidades, clubes deportivos, asociacións, establecementos e locais de hostalaría que se adhiran á iniciativa. Cubre o formulario que encontrarás na parte baixa desta noticia para solicitares as túas máscaras.
Sada, 16 novembro 2020
Durante catro anos consecutivos, mediante a campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS, a Concellaría de Benestar e Igualdade conseguiu tinguir de negro o noso concello grazas á alta participación e colaboración de clubes deportivos, entidades sociais, culturais, comercio, hostalaría...
A participación neste tipo de campañas creceu ano tras ano no noso municipio alcanzando un alto grao de implicación da sociedade sadende ante o problema do machismo. Por iso, queremos involucrarvos un ano mais.
Somos conscientes de que non son tempos fáciles para ninguén, mais a crise da COVID-19 non pode turbar e invisibilizar a nosa loita ante un dos problemas máis graves que temos como sociedade: a violencia de xénero.
Por esta razón animamos a que os establecementos, na medida do posible, sigan participando na campaña ''En Negro'', reutilizando os materiais de anos pasados (camisolas, cartelaría, chapas...) para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero.
Debido á situación sanitaria provocada pola COVID19, este ano o Concello de Sada incorporou dúas novidades:
- Deseño de máscaras violetas "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO", que se lles entregarán ás entidades, clubes deportivos, asociacións, establecementos e locais de hostalaría que se adhiran á iniciativa.
- Aposta polos medios telemáticos como piar desta edición. O Concello evitará levar a cabo actividades presenciais. En todo caso, de realizarse algunha, esta estará rexida por un estrito protocolo segundo as medidas sanitarias vixentes no momento.
Como podedes solicitar os vosos materiais?
A idea é visibilizar nas redes sociais esta campaña. Para isto, animamos a que vos tiredes unha foto coas vosas máscaras violetas e tamén empregando o material de anos anteriores e as enviedes a: sadaennegro@gmail.com
Solicita a túa máscara cubrindo o seguinte formulario