SADA DENUNCIA FALTA DE INFORMES DE RADIOLOGÍA

02 / FEB / 2023

SADA DENUNCIA FALTA DE INFORMES DE RADIOLOGÍA

A concellería de Servizos Sociais, Saúde e Infraestruturas denuncia a falta de informes por parte dos especialistas en radioloxía desde o pasado verán.

O Concello de Sada denuncia á Xunta de Galicia pola falta de informes por parte dos especialistas en radioloxía desde o pasado verán, "moitas das nosas veciñas e veciños, sinalan desde a concellería de Servizos Sociais, Saúde e Infraestruturas, non coñecen o resultados das probas diagnosticadas" 

Sada lembra que "xa se solicitou á Xunta de Galicia de xeito continuo a ampliación do persoal do Centro de Saúde de Sada, cun rateo inferior en case todas as áreas e onde non se dispón desa área específuca a pesares de superar con creces a outros Concellos que si a teñen" e nreferencia a radioloxía.

A molestia que está a causar este feiro non é só o desprazamento para a realización das probas senón que os informes dos especilistas non chegan aos médicos de cabeceira do Centro de Saúde de Sada. "Descoñecemos a problemática, indican desde a concellería, máis instamos á Consellería de Sanidade a que proceda a apertura dunha área de especialista en radioloxía en Sada, mentras soluciona os problemas informativos".

Arquivado en