O pasado sábado celebrouse o desfile de Entroido (que tivo que suspenderse o 13 de febreiro) e deuse fin ás festas coas actuacións na carpa situada detrás da Terraza e co enterro da sardiña.
Video del desfile de carnaval - Parte 1 - Parte 2
No desfile polas rúas de Sada participaron o Grupo de Tambores Sada (coa participación de Duas Percusión), A Meda do Castro, o Raio Sadense, Depor-Ocio, ASPACE, o Centro de danza Carmen López (Peluquería Ríos), SADANZA, a Charanga DXT e Festicultores Troupe
O desfile partiu da Casa da Cultura ás 17:30 horas e ao seu termo realizouse unha festa musical na carpa na que cada colectivo participante realizou ante o público unha actuación musical. O fin de festa puxérono os FESTICULTORES TROUPE, coa súa animada representación.