Sada despraza todos os seus efectivos de emerxencias á zona de inundacións

30 / MAR / 2016

Sada despraza todos os seus efectivos de emerxencias á zona de inundacións

As choivas constantes que se produciron nas últimas 24 horas sumadas á pleamar desta madrugada e ao gran caudal de auga que trasladan os ríos que desembocan en Sada formaron grandes balsas de auga no centro urbano, concretamente na zona de cálea Lagoa, rúa Culleredo, rúa Venezuela, na zona de Riobao, en O Castro (que houbo un desprendemento), tamén nas parroquias de Mondego e Mosteirón. 

As clases no instituto Isaac Díaz Pardo non se suspenderon pero recoméndase que se os alumnos que non chegaron a clase non o tenten e non asistan hoxe a clase.


O alcalde de Sada, Benito Portela, está a coordinar o dispositivo de emerxencias desde as 4:00 horas, composto por todos os efectivos do Servizo de Emerxencias Municipal, o parque de Bombeiros Comarcal, a policía local e efectivos da Garda Civil que estiveron a sinalizar zonas onde o paso está cortado.


Nestes momentos os labores dedícanse á evacuación das persoas que necesiten saír das súas casas por problemas de saúde así como axudar a locais e comercios a retirar aveños.

Declaracións alcalde a las 9:00 horas. 

Arquivado en